GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

3.632 inmigrantes chegaron ás costas españolas en 2010, a cifra máis baixa da última década

(18/01/2011)

3.632 inmigrantes chegaron ás costas españolas en 2010, a cifra máis baixa da última década

O balance supón unha caída do 50% respecto de 2009 e foi valorado polo ministro Rubalcaba de "moi bo"

O PAÍS - Madrid - 18/01/2011

Un total de 3.632 inmigrantes chegaron ás costas españolas en caiuco ou patera ao longo de 2010, o que converte a este exercicio no mellor da última década, cunha redución do 50 por cento respecto de 2009, cando chegaron 7.285, segundo explicou o vicepresidente primeiro do Goberno e ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, durante a presentación do Balance da Loita contra a Inmigración Ilegal.

Rubalcaba atribuíu este descenso a que chegaron menos embarcacións e máis pequenas, 338 caiucos e pateras fronte ás 413 de 2009 e destacou a colaboración con Africa e o Servizo Integral de Vixilancia Exterior (SIVE). "É unha cifra moi boa comparativamente falando", destacou.

Concretamente, resaltou que en Canarias se produciu un descenso do 90 por cento, pasando de 2.246 inmigrantes en 2009 a 196 en 2008. Ademais, recalcou que en todo o exercicio non chegou ningunha patera desde Senegal. En canto á Península e Baleares, a caída foi do 32 por cento e, neste punto, destacou a colaboración de Alxeria e Marrocos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas