GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O índice de retornados mantense e cae o de estranxeiros que se volven ir

(18/01/2011)

O índice de retornados mantense e cae o de estranxeiros que se volven ir

Data de publicación:
18/1/2011

Algo máis de 3.000 emigrantes pon fin cada ano á súa experiencia vital no estranxeiro regresando a Galicia para establecer de novo a súa residencia. O 2010 non foi unha excepción nese sentido, e ata creceu lixeiramente o continxente de retornados. Dos 36.967 emigrantes españois que volveron do estranxeiro, 3.492 puxeron rumbo a Galicia para establecerse de novo nalgunha das súas provincias. O camiño contrario foi percorrido nos últimos doce meses por 3.212 galegos e 6.267 estranxeiros que volveron aos seus fogares ou buscaron sorte nun terceiro Estado. Pero a delicada situación económica desanimó aos foráneos a moverse de novo, xa que un ano antes foran 9.063 os que entón optaron por abandonar Galicia.

O debuxo dos movementos migratorios indica que a comunidade é especialmente atractiva para as inmigrantes, xa que chegan case seiscentas mulleres estranxeiras máis que homes, mentres que as chegadas de nacionais son practicamente idénticas en número en ambos os sexos.

As marchas de Galicia seguen un patrón contrario no que respecta ao estranxeiro, ao ser maioritaria a emigración masculina, mentres que na interior o equilibrio volve ser case perfecto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas