GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O descenso das subvencións pechará a oenegué Terra de Acollida na primavera

(14/01/2011)

O descenso das subvencións pechará a oenegué Terra de Acollida na primavera

A entidade, que atende a un milleiro de inmigrantes, tivo que reducir un 70% o seu orzamento

Localidade:
ourense/a voz.
Data de publicación:
14/1/2011
El descenso de las subvenciones cerrará la oenegé Terra de Acollida en primavera
Os voluntarios cobren algúns servizos tras os despedimentos de parte dos traballadores contratados
Autor da imaxe: | MIGUEL VILLAR

«Se a Xunta non reconsidera a súa postura, non terminamos marzo; temos que pechar». Así de contundente mostrábase Víctor Iglesias González, o presidente de Galicia Terra de Acollida, ao referirse á delicada situación económica que vive a única oenegué dedicada exclusivamente á atención dos inmigrantes en Ourense. A entidade, que actualmente atende a 1.052 usuarios de 40 nacionalidades distintas nos distintos servizos que oferta a este colectivo, logrou aguantar o 2010, pero o recorte de subvencións da Xunta reduciu o seu orzamento «ao redor dun 70%, e pasamos de 120.000 euros a 35.000», asegura o seu responsable.

A pesar diso a oenegué non pechou ningunha das súas actividades e servizos «e ata logramos seguir promocionando e dando a coñecer a entidade, que neste caso é esencial para poder chegar a todos os que nos poden necesitar», afirma Iglesias González.

Despedimentos de persoal

Con todo ese mantemento da actividade con menos diñeiro, obrigou a un axuste orzamentario que se realizou en practicamente todos os capítulos dos gastos ordinarios de funcionamento, incluíndo o de persoal. A entidade chegou a contar ata con seis persoas contratadas para facer funcionar os distintos servizos. Actualmente teñen só un traballador, financiado pola Xunta cun contrato de seis meses, outra persoa enviada polo Concello a media xornada, e un traballador social que está a pagar a propia oenegué «sacando financiamento de onde podemos, vendendo camisetas, e con baixo soldo», aclara. O traballo no departamento de asesoría xurídica, o labor dun traballador social e un educador, ademais da administración, están a cubrirse nestes momentos con voluntariado da propia oenegué «co consecuente carácter de eventualidade, porque un voluntario vén cando pode e non se pode garantir que calquera día teña que irse», matiza.

Negociacións

A pesar da apurada situación económica, o responsable de Galicia Terra de Acollida non perde a esperanza que desde a Xunta haxa un cambio nas próximas semanas, antes de que a entidade quede definitivamente pechada. «Estamos en negociacións, tanto coa Consellería de Benestar como coa Secretaría Xeral de Inmigración, e confío en que se dean conta da necesidade dos servizos que se prestan.

Ademais da oficina xurídica, o traballo directo con menores para o reforzo educativo, ou coas familias, a entidade oferta teléfono solidario, cíber -tanto para comunicarse coas súas familias como para enviar currículos e responder a ofertas de traballo- e plan de formación

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas