GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Detidas once persoas nunha operación contra as redes de inmigración ilegal e a prostitución en Ferrol

(13/01/2011)

Detidas once persoas nunha operación contra as redes de inmigración ilegal e a prostitución en Ferrol

A policía interveu sete locais e domicilios nos que se incautou diverso material relacionado coa investigación, que se iniciou en outubro baixo a dirección do Xulgado ferrolán.

Autor:
Redacción dixital
Localidade:
Ferrol
Data
12/1/2011

A Policía Nacional procedeu nas últimas horas á detención de once persoas (tanto de nacionalidade española como estranxeira) no marco dunha operación contra as redes de inmigración ilegal e a prostitución que, segundo fontes policiais, actuaban na área de Ferrol.

A intervención policial desenvolveuse durante a tarde de onte e esta madrugada por axentes pertencentes á Brigada Central de Redes de Inmigración, Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras de Madrid, Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras da Coruña e Brigada Local de Estranxeiría e Fronteiras de Ferrol-Narón. No operativo tamén participou a Unidade de Intervención Policial con base na Coruña.

Aos once detidos impútanselles diversos delitos, relacionados coa prostitución e contra o dereito dos traballadores.

Na operación tamén foron detidas outras seis persoas estranxeiras que se atopaban en situación irregular en España, co obxectivo de incoar o correspondente expediente de expulsión do terrirorio nacional, informaron as mesmas fontes.

Ademais das detencións, os axentes procederon á entrada e rexistro de sete locais e domicilios que non foron revelados. Neles incautouse diverso material documental relacionado cos feitos investigados.

As investigacións que desembocan na operación iniciáronse o pasado mes de outubro, baixo a dirección da titular do Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol. As actuacións continúan baixo o segredo de sumario.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas