GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración mantén todos os programas no exterior a pesar da redución nos orzamentos

(12/01/2011)

Emigración mantén todos os programas no exterior a pesar da redución nos orzamentos

Redacción, Santiago
10 de xaneiro de 2011
A Secretaría Xeral de Emigración disporá este ano de 12,7 millóns de euros, orzamento co que manterá todos os os seus programas de subvencións ao exterior, e principalmente a contía das axudas individuais. Como obxectivo específico para este 2011, Emigración mantén todos os programas no exterior, e as contías das axudas individuais, durante este exercicio; e reforzará as circunstancias polas que Galicia se consolida, un ano máis, como a Comunidade á cabeza de España en porcentaxe de inmigrantes con autorización de traballo tanto por conta allea (33,57%, moi por encima da media nacional) como por conta propia.
Nese dato, recentemente confirmado polo Observatorio Permanente da Inmigración, cobra un relevante papel de consolidación, sen dúbida ningunha, o millón de euros que cada ano inviste o Goberno galego en accións formativas para a poboación inmigrante, coa finalidade de conseguir unha maior cohesión social entre as poboacións nativa e foránea.
Ante a situación de crise económica, e en liña coa política de austeridade emprendida polo Goberno galego, Emigración centra todos os seus esforzos en racionalizar a repartición orzamentaria e minorar todos os investimentos non imprescindibles. Recórtanse os gastos non prioritarios, como poden ser equipos para procesos informáticos (-51%), comunicacións telefónicas (-45%), reunións e conferencias (-44%), material variado de oficina (-43%), transportes (-36%), e viaxes, dietas, ou campañas de sensibilización, entre outras partidas.


Aforro de 800.000 euros
De entre as partidas que desaparecen do orzamento da Secretaría Xeral de Emigración para 2011, cabe destacar a da Fundación Galicia Emigración (recentemente extinguida), e outra de actuacións non prioritarias en colaboración con diversas entidades, ás que se destinaban en 2010, respectivamente, 665.000 e 127.500 euros, polo que o aforro conxunto neste apartado achégase aos 800.000. Pero se manteñen todas as liñas de axuda finalista para persoas en risco de exclusión social, tanto dirixidas a galegos emigrados no exterior, como a inmigrantes en Galicia.
A prioridade do departamento que dirixe Santiago Camba é manter as axudas individuais a galegos na diáspora en situación de especial vulnerabilidade, talles como persoas con enfermidades graves e/ou crónicas, ou que pasan unha situación económica de urxencia. Acorde á política orzamentaria de austeridade de toda a Xunta, pero con prioridade nos investimentos sociais, esta partida mantense durante 2011.
Da mesma xeito, mantéñense todos os programas de asistencia social, e tamén se manteñen as 15 ordes de axuda que todos os anos publícanse no Diario Oficial de Galicia para actividades no exterior, levadas a cabo por concellos, ONGD, os propios centros galegos no exterior, etcétera. A finalidade desta medida é fornecer a presenza da Xunta na diáspora e manter os vínculos de unión entre os galegos do exterior, e os seus descendentes, coa Galicia territorial.
Ao mesmo tempo, a Xunta mantén en 2011 os programas de cohesión social dirixidos á inmigración, e tamén as axudas ao retorno para aqueles galegos que queiran acollerse a este programa, a pesar, di a Xunta, do importante recorte que o Estado aplicou nas liñas de cofinanciación.
A Xunta afirma que, en contraste con esta importante aposta do Executivo autonómico en defensa dos galegos na diáspora e dos estranxeiros na Galicia territorial, o Goberno central decidiu recortar para 2010 -e nada menos que nun 65%- as achegas para o Plan de Acción da Inmigración (políticas activas de integración dos inmigrantes). Ao mesmo tempo, aínda se descoñece a contía que destinará ao longo do xa presente exercicio orzamentario de 2011 para ese labor, tal e como denunciou en múltiples ocasións o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba.
Neste sentido, Camba bota en falta unha maior aposta do Goberno central polos galegos e españois residentes no estranxeiro, tal e como fixo público en numerosas ocasións. "Como desexo para o ano 2011, oxalá exista unha maior sensibilidade por parte do Goberno central de cara ás necesidades da diáspora, urxentes e moitas veces desesperadas", afirma o secretario xeral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas