GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Buenos Aires recorda a Castelao

(11/01/2011)

Buenos Aires recorda a Castelao

A Federación de Sociedades Galegas de Arxentina recorda ao galeguista aos 61 anos da súa morte.

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:
10/1/2011

Buenos Aires recuerda a Castelao

Homenaxe a Castelao en Buenos Aires.

A Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina celebrou o pasado sábado un acto en homenaxe ao dirixente máis importante do galeguismo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cando se cumpren 61 anos da súa morte.

O acto, desenvolvido ante o monumento que o recorda, situado na praza que leva o seu nome da capital arxentina, reuniu a distintos representantes da colectividade. Na súa alocución, o titular da Federación, Francisco Lores Mascato, evocou a traxectoria política que tivo este transcendente dirixente, destacando que sempre loitou en favor dunha Galicia. No seu discurso, de gran actualidade, destacou a referencia á polémica actual sobre o voto emigrante: «O noso guieiro foi un home progresista nas súas ideas e principios, que hoxe estaría moi enojado cos principais políticos de España e Galicia, que nos queren deixar sen o voto nas eleccións municipais, un dereito que nos gañamos mercé a moitas loitas libradas ao longo do tempo»

Un centenar de persoas, emigrantes e descendentes de galegos, participaron no acto e gozaron da actuación da banda de gaitas «Duas Beiras», que amenizou o encontro entoando vaias cancións típicas galegas. Algúns dos asistentes partiron da sede da Federación, percorrendo en procesión os 300 metros que a separan do monumento, portando bandeiras galegas e reublicanas. Xunto á estatua colocar unha ofrenda floral e entoouse o himno galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas