GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Nova economía, novos inmigrantes

(05/01/2011)

Nova economía, novos inmigrantes

Nixeria e Romanía protagonizan os maiores incrementos de estranxeiros en Galicia 


Galicia é unha das poucas comunidades que en plena crise segue resultando atractiva para os traballadores estranxeiros. É certo que chegan moitos menos e, ademais, de países que ata agora non estaban entre os principais emisores de nova man de obra. Fronte ás caídas en picado que experimentan os colectivos tradicionalmente máis numerosos -especialmente, países latinoamericanos como Arxentina, Venezuela ou Colombia- cada vez chegan máis cidadáns de Nixeria, Romanía, Senegal, Bulgaria ou Alxeria. Son os inmigrantes da recesión.

XULLO PÉREZ - VIGO Case a contagotas, sobre todo se miramos a evolución que os fluxos de man de obra foránea experimentou cara a outras rexións españolas, o panorama demográfico de Galicia foi cambiando a sua fisionomía. Basta con mirar o día a día de sectores como o comercio, a hostalería ou a construción, tres dos motores da comunidade convertidos hoxe nun crisol de acentos. Cando se pechou 2003, os últimos datos que constan no Observatorio Permanente da Inmigración do Ministerio de Traballo, aquí residían algo máis de 37.500 estranxeiros. O número case se multiplicou por tres, ata os 92.626 permisos de residencia a finais de setembro de 2010, o 5% do total de estranxeiros que viven en España. Do ritmo de integración encargouse a bonanza económica e, a pesar da crise, que no conxunto do Estado provocou un descenso de case o 7% entre os non comunitarios, Galicia segue sendo un polo de atracción. Aínda que con moitas diferenzas entre os que chegan.
Á marxe dos portugueses que, evidentemente pola proximidade, seguen sendo con moito o principal colectivo de estranxeiros na comunidade -uns 18.600 tras o incremento dun 5,4% ata setembro do pasado ano, impulsado, sen dúbida, polas aínda máis complicacións que vive a súa economía-, os maiores incrementos na entrada de poboación foránea non están entre países tradicionalmente emisores para Galicia. Nin Arxentina, nin Venezuela, nin Colombia. Nin, en xeral e salvo algunhas excepcións, de Latinoamérica. Pero tampouco entre os países europeos que manteñen un fluxo constante. Hai catro colectivos que disparan o seu volume ao redor do 15% e, ata, supérano, en só nove meses.
Á cabeza están os nixerianos, cun 20% máis de residentes. Son xa 410, segundo o Observatorio da Inmigración. O alza un pouco menor no caso dos orixinarios de Romanía, pero é que a proporción non ten nada que ver. Cun aumento superior ao 18%, son xa o segundo colectivo estranxeiro comunitario máis elevado, ata os 7.266. O fenómeno, do mesmo xeito que o aumento dun 15% dos búlgaros -case 1.000- está directamente relacionado co fin do veto á libre circulación en España dos traballadores procedentes de ambos os estados.
Senegal é a cuarta nación máis emisora para Galicia. Un 17% máis de residentes que un ano antes. Son 1.362 actualmente. No grupo cóase Perú, tras un aumento do 17,9%, con 4.700 cartóns de residencia.
É dos poucos países de fala latina que se escapan ás caídas. E iso que no seu caso xoga a favor estatisticamente falando que practicamente a metade dos inmigrantes que veñen a Galicia fano polo réxime comunitario, coma se fosen un país da UE, porque contan na comunidade con algún parente que ten a nacionalidade española. Nesa mesma liña están as evolucións rexistradas entre os bolivianos (11%), uruguaios (9,7%) e brasileiros (4,7%). Excepcións ante un descenso sen precedentes nos residentes procedentes do outro lado do Atlántico.
Para exemplo, o ocorrido cos orixinarios de Arxentina. Son hoxe un 10% menos que fai un ano. O recorte entre o colectivo venezolano roza o 6%, o 4% entre os colombianos, un 3% os ecuatorianos e por baixo do 1,5% os estranxeiros que chegaron desde Chile e Cuba. A caída entre os procedentes de Estados Unidos alcanza o 5%.
Hai unha nova economía en cernes, con menos oportunidades laborais e moitísimo menos rica tamén. Sen milagres. E con ela chega un profundo cambio nos movementos dos traballadores. Indonesia ou Ghana aguantan o envite pola achega de man de obra á pesca. Italia, Francia e Reino Unido porque sempre estiveron aí. Polo medio, novos prestamistas de residentes. Un 7% máis de cidadáns polacos ou case un 11% de alxerinos. Entre os marroquís o aumento é do 4%, ata os 6.600. Inmutable, como sempre, China, que suma e suma. Alcanzan os 2.200 logo de crecer outro 8,5%.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas