GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anna Terrón: Inmigración traballa pola "igualdade en dereitos" de todos os migrantes.

(21/12/2010)

Inmigrantes ecuatorianos.
SENAMI. 
Anna Terrón: Inmigración traballa pola "igualdade en dereitos" de todos os migrantes.

EFE, 20 de decembro de 2010

"Temos unha bagaxe histórica que non podemos esquecer, nin perder, como país con tradición de emigración e, na actualidade, receptor de inmigración"

A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, asegurou que o Goberno traballa para que "tanto os inmigrantes que viven en España, como os españois que residen no exterior, teñan igualdade de dereitos e deberes".

Nos actos de celebración do Día Internacional do Migrante, a secretaria de Estado destacou a importancia de fortalecer a cohesión social "nunha sociedade plural e diversa como é a española", especialmente en tempos de crises.

"Temos unha bagaxe histórica que non podemos esquecer, nin perder, como país con tradición de emigración e, na actualidade, receptor de inmigración", destacou.

Nesta conmemoración, a secretaría de Estado de Inmigración e Emigración dixo que o Goberno traballa para que os "españois que se marcharon fai moitos anos, vivan nas mellores condicións posibles mediante axudas e o diálogo constante cos países nos que residen". 

"Tampouco esquecemos aos novos españois no exterior, senón todo o contrario, xa que no fondo todos somos cidadáns dun mundo globalizado no que a mobilidade é un valor indubidable". 

Segundo Terrón, o Executivo vela para que estas persoas reciban todos servizos que necesitan e "sexan o enlace con outros países en diferentes ámbitos como o empresarial, o académico ou o social".

A directora xeral da Cidadanía Española no Exterior, Pilar Pin presentou o libro "Terra de ausentes", da profesora Rosa María López González, no que se investiga a emigración histórica, e un portal informático -CEXT- dedicado aos mozos residentes no exterior.

Ademais, nesta conmemoración, proxectouse o documental "Raíces e Ás", de Pedro Pinzolas e Juan Carlos León, no que se aborda, en formato audiovisual, a multiplicidad de vivencias, sentimentos e recordos vinculados ás españolas e españois do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas