GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Romanía quere importar o modelo español de integración de xitanos

(23/11/2010)

Romanía quere importar o modelo español de integración de xitanos


Bruxelas, 22 nov (EFE).- Romanía quere importar o modelo español de integración do pobo xitano, informou a Efe a secretaria de Estado de Inmigración, Anna Terrón.

O ministro de Traballo, Familia e Protección Social de Romanía, Ioan Nelu Botis, pediu visitar España para coñecer de cerca o modelo español e estudar as accións de integración que levan a cabo cos xitanos.

"Imos traballar con Romanía para axudala a resolver as súas dificultades porque a solución está en que sexan capaces de integrarse no seu propio país", sinalou.

Para Terrón, a situación dos xitanos en España e Francia "é moi diferente", pois mentres en España hai xitanos españois que habitan de forma permanente no mesmo lugar, en Francia hai xitanos romaníes nómades.

"Creáronse alí uns campamentos que en España se foron reducindo ao máximo", apuntou a secretaria de Estado.

Este verán produciuse a expulsión masiva de miles de romaníes, a maioría romaneses e búlgaros, de varios campamentos en Francia.

Bruxelas deu un toque de alerta a París polas expulsións, que o goberno tachou de "retornos voluntarios", pero finalmente non lle abriu ningún expediente por vulneración da directiva de liberdade de movemento comunitaria nin por presunta discriminación.

A Comisión Europea (CE), que puxo en marcha un grupo de traballo para buscar como mellorar a inclusión social dos xitanos, destacou o traballo pola integración dos xitanos en España.

España é o país da Unión Europea (UE) que máis fondos comunitarios destina a programas orientados en exclusiva á integración de xitanos no período 2007-13, cun total de 47 millóns de euros, segundo datos da Comisión Europea. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas