GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Secretario Xeral da Emigración avoga pola coordinación das entidades galegas no exterior para unir esforzos, conseguir unha maior eficiencia económica e evitar así a perda “do patrimonio material e inmaterial da nosa emigración”.

(15/11/2010)

O Secretario Xeral da Emigración avoga pola coordinación das entidades galegas no exterior para unir esforzos, conseguir unha maior eficiencia económica e evitar así a perda “do patrimonio material e inmaterial da nosa emigración”.
  • Santiago Camba asistiu en Barcelona á celebración do XX aniversario da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, que engloba a máis da metade do total de centros e asociacións galegas da comunidade catalá.  

O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, avogou este sábado pola coordinación das entidades galegas no exterior co obxectivo de unir esforzos, conseguir unha maior eficiencia económica e evitar así a perda “do patrimonio material e inmaterial da nosa emigración”. Así o manifestou o secretario xeral na celebración do XX aniversario da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (FEGALCAT), que se celebrou esta mañá na localidade de Cornellá de Llobregat, Barcelona.

Neste sentido, Camba felicitou a FEGALCAT polo seu aniversario e subliñou que se trata dunha das experiencias máis exitosas na coordinación de actuacións por parte de entidades nunha mesma área xeográfica, xa que a federación inclúe a máis da metade do total de centros e asociacións galegas de Cataluña.

O Secretario Xeral da Emigración salientou que estas unións son neste momento máis necesarias que nunca pola actual crise económica. “Nun momento económico que afecta negativamente tanto as capacidades orzamentarias das administracións públicas como da sociedade civil, as experiencias coordinadas á hora de afrontar proxectos, a eficiencia económica no desenvolvemento dos mesmos, e a aposta por garantir a sustentabilidade das entidades van a marcar o futuro da galeguidade nos próximos anos”, afondou.

Santiago Camba gabou, no transcurso da súa intervención, o papel de FEGALCAT como “altofalante da cultura, lingua, folclore e arte de Galicia na sociedade catalá”, e destacou a vocación da federación “de apertura á sociedade de acollida, e de extensión da nosa realidade cultural e social aos cidadáns de Cataluña”, ademais da preocupación desta agrupación por actualizar os seus contidos e recuperar “os valores tanxibles e intanxibles que a emigración galega a Cataluña construíu na súa diáspora”. Todo isto, incidiu, “fan de FEGALCAT un referente fundamental na nosa galeguidade”.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas