GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miguel Santos Rego preside o seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante

(10/11/2010)

Miguel Santos Rego preside o seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante

Localidade:
santiago/a voz.
Data de publicación:
10/11/2010

A cuarta edición do seminario Atención educativa ao alumnado inmigrante. Experiencia e innovación que preside o catedrático Miguel Ángel Santos Rego estrearase mañá na facultade de Educación da Universidade de Santiago. A inauguración será ás catro e cuarto e media hora despois terá lugar o primeiro relatorio a cargo do catalán Huguet Canalis. Despois, ás seis e cuarto celebrarase unha mesa redonda coordinada pola doutora María Teresa Díaz García e na que tamén intervirán Victoria Pérez e Patricia Gamallo.

O venres abrirase o seminario ás catro e media da tarde cun relatorio a cargo dos doutores Mar Lorenzo Moledo, Miguel Ángel Santos Rego e Agustín Godás Otero, que pertencen ao grupo de investigación Esculca da USC.

A segunda xornada completarase coa celebración de catro obradoiros a cargo de Gena Borrajo Borrajo, Carmen Fernández Morante, Beatriz Cebreiro López, Raúl Soutelo Vázquez e Moisés Lozano Paz.

O sábado celebrarase a terceira e última xornada do seminario. Ás nove e media Francisco Cernadas Ríos e Julio Crespo Comesaña coordinarán unha mesa redonda sobre as experiencias e boas prácticas de atención educativa ao alumnado inmigrante nas escolas galegas. Intervirán María Teresa Domínguez Pérez, Regino Garrido Figueiras e Gerardo Nistal Martino.

Ás doce e cuarto do mediodía, antes de clausúraa e a posterior entrega de diplomas, está prevista unha conferencia de Jorge Calero Martínez, da Universidade de Barcelona, que falará sobre se existen ou non en España políticas educativas sobre inmigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas