GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rubalcaba: necesitaremos máis inmigrantes cando a economía mellore

(25/10/2010)

Rubalcaba: necesitaremos máis inmigrantes cando a economía mellore

Luns, 25 de Outubro de 2010

rubalcabaO flamante vicepresidente primeiro do Goberno e ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, deu unha clara mensaxe sobre a inmigración: 'Europa non pode ser unha fortaleza'. E agregou que, unha vez que a economía mellore, necesitaranse máis traballadores inmigrantes.

O recentemente estreado portavoz do Goberno insistiu, durante unha lección inaugural no Congreso Nacional da Empresa Familiar en Santander, que a mensaxe que se lanza a outros países dunha Europa fortificada non arranxa a problemática a inmigración irregular e crispa os ánimos. Así mesmo, avogou por unha estratexia cuxo alicerce fundamental sexa a cooperación internacional cos países de orixe.

Rubalcaba criticou o discurso negativo que se está desenvolvendo actualmente no continente ao redor dos fluxos migratorios e apostou pola política de inmigración legal para atallar o problema e a 'impermeabilización' de fronteiras que levou a cabo España.

'Lóitase contra a inmigración ilegal aquí, pero tamén en Senegal, en Marrocos, en Níxer...', sinalou, á vez que facía fincapé en que a inmigracion debe estar relacionada coa capacidade de traballo. RI (Axencias)

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas