GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A poboación inmigrante visita a metade ao médico. O informe baséase nas citas que se rexistraron durante un ano en 26 centros de saúde

(08/10/2010)

A poboación inmigrante visita a metade ao médico O informe baséase nas citas que se rexistraron durante un ano en 26 centros de saúde

V. PI MADRID 08/10/2010 01:00 Actualizado: 08/10/2010 04:50
Os inmigrantes van ao médico a metade de veces que os españois. Mentres os primeiros van aos centros de saúde unha media de 4,7 veces ao ano, os cidadáns nacionais case duplican a frecuencia, cunha media de 8,3 visitas. A esta conclusión chega un estudo presentado onte no XVI congreso da Wonca a organización mundial de médicos de familia que se celebra ata mañá en Málaga. O informe baséase nas citas que se rexistraron durante un ano en 26 centros de saúde.

O director do estudo, o especialista Luís Gimeno, subliñou que os datos desmentes a quen fan "afirmacións que tenden a culpar á inmigración da saturación do sistema de saúde".

Gimeno descartou que a situación irregular poida incidir no resultado, porque o estudo fíxose con poboación con cartón sanitario. Tamén descartou que inflúa o descoñecemento do idioma, xa que  "desagregaron por zonas de procedencia".

Os asiáticos son os que menos pasan pola consulta habitual (3,1 veces ao ano) e os latinoamericanos, os que máis (5,3 ocasións). Os cidadáns do África subsahariana van ao médico unha media de 4,9 veces ao ano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas