GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lalín contará cun servizo provisional de aloxamento e un observatorio de inmigración

(27/09/2010)

Lalín contará cun servizo provisional de aloxamento e un observatorio de inmigración

O plan 2010-2012 para este colectivo inclúe intermediación laboral e formación

Localidade:
lalín/a voz.
Data
26/9/2010

O plan de integración e convivencia social impulsado polo Concello de Lalín, que entrará en funcionamento este ano ata o 2012, centrarase en dez áreas de actuación dirixidas ao colectivo de emigrantes retornos e inmigrantes do municipio. Un sector da poboación con peso crecente, xa que se hai dez anos apenas se supera o centenar de persoas, hoxe xa son máis de 1.200. Un programa que inclúe un total de 152 medidas, entre as que cabe destacar a posta en marcha dun servizo provisional de aloxamento para inmigrantes sen recursos e con cargas familiares, así como un observatgorio municipal de inmigración ou a creación dunha mesa para a convivencia, como órgano que facilite a comunicación e participación a nivel político deste colectivo, xa que non conta con voto nos comicios locais.

A edil de Servizos Sociais, Paz Pérez, acompañada do traballador social do SAMI, Carlos Presas, presentaron onte o contido deste plan acompañados dunha emigrante retornada, Clara Presas, e un inmigrante, Virgilio Pinales. Pérez destacou que se trata de «unha ferramenta aberta», dirixida a este colectivo, pero non excluínte. Pretende atender as inquietudes e necesidades deste sector de poboación, que ten algunhas peculiaridades respecto das do resto. Dixo tamén o concelleiro que se trata dun plan participativo, no que se poderán introducir modificacións que pidan desde este colectivo para fomentar «unha convivencia agradable e harmonía en Lalín».

Foi Presas o encargado de diseccionar os distintos aspectos incluídos no plan, para fomentar a integración social e laboral, ademais da convivencia. Incide o programa en dez áreas, como a de acollida, onde se ofrece aos inmigrantes e emigrantes retornados a xestión de calquera tema no SAMI e quérese crear un espazo específico na web municipal para asesorar a esta poboación. En investicación e acción social crearase un observatorio municipal de inmigración e un servizo de mediación intercultural, mentres que na área de saúde promoverase unha guía de recursos sanitarios e fomentarase neste colectivo a súa participación en Concellos Saudables.

Na área de vivenda destaca o servizo xa citado de aloxamento provisional e tamén a intermediación para o aluguer por parte deste sector poboacional, e en educación e cultura haberá reforzo educación para cubrir necesidades especiais e formación extraescolar. En canto a interculturalidad, haberá un foro de diálogo -este ano non haberá en principio ao suspenderse a axuda autonómica para esta liña de actuación- e darase continuidade a iniciativas que espertaron interese, como o taller de cociña Un mundo de sabores.

A intermediación laboral e a formación serán outras liñas de actuación, con tres cursos xa previstos, un deles de alfabetización informática para o que está aberta a inscrición, aos que se sumarán outro de xardinería e un de recepcionista de hotel. Na área de muller, haberá colaboración co CIM, así como asesoramento legal e psicolóxico, e quérese tamén fomentar o deporte entre os mozos, así como promover a citada mesa para a convivencia, así como proseguir con Vacacións en Paz e seguir no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas