GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España fai máis por integrar aos seus inmigrantes que EE.UU.

(15/09/2010)

España fai máis por integrar aos seus inmigrantes que EE.UU.
PEDRO RODRÍGUEZ / CORRESPONDENTE EN WÁSHINGTON
Día 15/09/2010

A pesar de ser un país case por definición construído por estranxeiros, Estados Unidos non fai tantos esforzos como España á hora de integrar aos seus inmigrantes. Esta é a principal conclusión dun foro comparativo organizado en Wáshington polo Migration Policy Institute e a Fundación Cidadanía e Valores, no que especialistas de ambos os países fixeron balance das estratexias utilizadas a ambos os dous lados do Atlántico ante os masivos fluxos migratorios rexistrados nos anos anteriores á crise.
De acordo aos exhaustivos relatorios presentados en Wáshington, o Goberno Federal de Estados Unidos non se atopa implicado en esforzos de integración comparables aos realizados por España e as súas comunidades autónomas, sobre todo no referente ao acceso a servizos sociais. Estas políticas dentro de EE.UU. recaen nas xurisdicións estatais e locais. Coa cuestión de custos no centro dun debate especialmente enconado por unha esperada reforma integral do sistema de inmigración que non termina de producirse. Segundo Sheri Steisel, da Conferencia Americana de Lexislaturas Estatais (NCSL), a cuestión de inmigración deixou de ser un problema de limitada transcendencia fronteiriza para afectar literalmente aos cincuenta Estados da Unión.
Co paradoxo de que «o lugar de residencia de cada inmigrante vai determinar que servizos de integración de cada inmigrante». Ao seu xuízo, é evidente que o Goberno Federal fai moi pouco pese ao crecemento exponencial de inmigrantes rexistrado en lugares como Carolina do Norte, comparable á situación de Andalucía.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas