GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis inmigrantes do que criamos e máis escolares do que esperabamos

(09/09/2010)

Máis inmigrantes do que criamos e máis escolares do que esperabamos 

Ecos de S.A. 09/09/2010

JOSÉ GARCÍA ABAD

Segundo os últimos datos publicados, en España hai máis inmigrantes do que se supuña, ata alcanzar un record europeo, e matriculáronse máis alumnos do que se esperaba, obtendo un record español. Falta saber as últimas cifras sobre a media de idade dos españois pero parece evidente que descendeu notablemente grazas aos inmigrantes pois a taxa de natalidade hispana segue baixo mínimos.


A este respecto contamos con datos a nivel europeo que confirman esta impresión. A idade media dos estranxeiros que residen na Unión é de 34,3 anos mentres que a dos cidadáns de orixe comunitaria é de 41,2 anos. En España a diferenza é máis acusada en razón do escaso índice de natalidade, un dos máis baixos do mundo e da esperanza de vida que é das máis altas do planeta. Iso explicaría o aumento do número de nenos en idade escolar.

Naturalmente unha cousa é a cantidade de nenos escolarizables e outra a dos escolarizados que en España foi, ao comezo do curso, de 7.7 millóns de alumnos. Este último dato ten relevancia política e mostra o resultado dun esforzo en investimento educativo que este Goberno mantivo como prioritaria e que sostivo contra vento e marea, á marxe dos recortes da crise. A cada cal o seu mérito.

Os datos sobre o número de inmigrantes na Unión Europea, que nos sitúa á cabeza da mesma, representan un problema, un formidable problema, nun momento en que a economía española non crece. Representa ante todo un reto político, social e cultural ao que hai que responder serenamente tanto por parte do Goberno e oposicións como de todo o conxunto de organizacións sociais e líderes de opinión. Desde logo hai un claro exemplo para non seguir: o da Francia de Nicolás Sarkozy.

Ata agora o alto número de estranxeiros que residen en España - 5.7 millóns, un 12 por cento da poboación - non provocou as temidas reaccións xenófobas.
Neste terreo a actitude da sociedade española é exemplar en comparación cos movementos que se están producindo na maior parte dos países veciños. E iso a pesar de que en España a corrente inmigratoria concentrouse en moi poucos anos o que, en principio, non facilitaría unha asimilación tranquila.

A culpa, se é que se pode falar de culpa neste delicado asunto, non é deste Goberno nin do anterior. Ou o é de ambos na medida en que nin un nin outro viron o perigo que entrañaba ao modelo, escasamente modélico, do noso desenvolvemento económico da última década e media. Da febre do ladrillo. Supoño que o debate sobre o binomio inmigración- crise non fixo máis que empezar pero de momento os datos de escolarización xustifican certo optimismo.

José García Abad é xornalista, escritor, director de El Siglo e analista político

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas