GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Multiplícase por cinco a inmigración en Galicia

(09/09/2010)

Multiplícase por cinco a inmigración en Galicia

 Galicia multiplicou por cinco o número de inmigrantes e xa roldan os 110.000// Son case o 4% da poboación//Predominan os portugueses, brasileiros e colombianos
ANXO ARNÁIZ LUGO
Aínda que Galicia non é unha zona das máis atractivas de España para os inmigrantes, o certo é que na última década, a presenza de estranxeiros rexistrados nos padróns municipais multiplicouse por cinco, pasando dos 21.787 en 1999 aos 109.222 que contabiliza o Instituto Nacional de Estatística (INE) no avance do padrón de primeiro de xaneiro deste ano .

A poboación estranxeira na nosa comunidade representa xa cerca do 4% fronte ao 1% que supuña fai dez anos. Os portugueses, cuxo continxente de inmigrantes en Galicia suma 21.427 persoas, é o colectivo estranxeiro con maior presenza. Séguenlle brasileiros e colombianos, con 11.414 e 8.915 inmigrados, respectivamente. Estes tres países en 1999 xa sumaban o maior continxente de estranxeiros na xeografía galega, xunto cos arxentinos, asentados 1.387 por aquel entón.

Dos datos recollidos polo INE no avance do padrón de primeiro de xaneiro, chama a atención o aumento de cidadáns romaneses na nosa comunidade. A súa presenza, na última década, multiplicouse por 250, pasando dos 28 rexistrados en 1.999 aos 7.174 empadroados a primeiros de 2010. Son xa o cuarto colectivo estranxeiro con maior presenza en Galicia, superando a Marrocos, país do que están asentados aquí 6.336, que os sitúa no quinto posto pola súa presenza.

Un caso rechamante, proporcionalmente similar ao dos romaneses, é o de China. Cidadáns do xigante asiático repártense por todo o mundo e Galicia non é allea ao fenómeno que algúns denominan como "a invasión silenciosa amarela".

Os certo é que a presenza de inmigrantes chineses na nosa comunidade multiplicouse por 12 no último decenio, pasando dos 209 instalados en 1999 aos 2.235 que contabilizou o INE a primeiros deste ano.

En conxunto, centro e sur de América son as zonas das que proceden o maior número de estranxeiros establecidos na xeografía galaica. Así, a Brasil e Colombia, dous dos países con maior número de inmigrantes , hai que engadir Arxentina, con 4.474; Perú, 3.812; Uruguai, 3.874; Venezuela, 3.950 e República Dominicana, con 3.690. Procedentes da illa caribeña de Cuba hai en Galicia 2.290 residentes.



EUROPA. En canto aos procedentes do vello continente, o continxente total que vive aquí supera os 41.000. Deles, logo dos romaneses, o maior número procede de Italia, cun total de 3.648.

Seguen a estes dous países pola súa maior presenza Francia, con 1.931; Reino Unido, 1.800 e Alemaña, con 1.342. Estes inmigrantes da Europa de primeira velocidade son na súa gran maioría xubilados que viven un retiro dourado en Galicia, asentados en zonas interiores do rural e tamén na costa. A Ribeira Sacra é un deses paraísos verdes copado por ingleses e xermanos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas