GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. Un fiscal afirma que o tráfico de persoas é "máis rendible" que a venda de drogas porque se obteñen "beneficios desmesurados"

(27/07/2010)

Inmigración. Un fiscal afirma que o tráfico de persoas é "máis rendible" que a venda de drogas porque se obteñen "beneficios desmesurados"

Servimedia, 23  xullo de 2010

O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, Jesús García Calderón, asegurou hoxe que o tráfico de persoas é "máis rendible" para as mafias que comercializar con drogas debido a que se obteñen "beneficios desmesurados". Crese que as organizacións criminais cobran 3.000 euros a cada inmigrante que pretende chegar a España a través do Estreito de Xibraltar.

En declaracións previas aos Cursos de Verán que a Universidade Complutense organiza no municipio madrileño de San Lorenzo del Escorial, García sinalou que o problema da inmigración ilegal radica na falta de investigación policial no lugar de orixe das mafias que trafican con seres humanos.

Así mesmo, comentou que o 10% dos tripulantes que chegan ás costas andaluzas en pateras son menores de idade e agregou que é "falso" que regular a situación básica dos inmigrantes ilegais provoque "efectos chamadas" sobre o resto de compatriotas.

Nese sentido, matizou que a maior parte dos estranxeiros chegan a España de forma fraudulenta a través dos aeroportos, aínda que concretou que a chegada de pateras a Andalucía é un "fenómeno terrible" porque nin sequera coñecen, agregou, o número real de falecidos provocado por intentar cruzar o estreito que separa Europa de África.

Finalmente, dixo que as posibilidades de que as mulleres inmigrantes sexan maltratadas polos seus compañeiros unha vez que chegan ao país de destino multiplícanse por 6 respecto das mulleres do Estado de acollida

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas