Esborrállase a chegada de inmigrantes irregulares a Europa
(22/07/2010)
Esborrállase a chegada de inmigrantes irregulares a Europa
No primeiro semestre chegaron á Unión Europea un 42% menos de inmigrantes
NICOLÁS CASTELÁN / CADEA SER 21-07-2010
No primeiro semestre chegaron á Unión Europea un 42% menos de inmigrantes; no caso de España, a redución é especialmente significativa. Por exemplo, en Canarias a chegada de persoas procedentes por vía marítima caeu un 99%.
30.000 inmigrantes foron interceptados entrando de xeito irregular á Unión Europea, 22.000 menos que no mesmo período de 2009. España foi clave para este descenso porque non chegou nin un só caiuco procedente de Senegal ou Mauritania a Canarias, só 6 pateras con 21 persoas, un 99% menos que fai un ano.
Tamén inflúe o descenso do 36% nas rutas do Mediterráneo que recibiron 900 inmigrantes, a maioría por Almería, sobre todo subsaharianos e de Bangladesh. O director do Frontex, Gil Arias asegura que aqueles que intentaban entrar por España estanse desviando ata Grecia convertida na principal porta de entrada de inmigración irregular a Europa. Grecia acumula, de feito, o 88% das entradas irregulares de inmigrantes.