GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Laura Seara inaugura en Caldas un curso sobre inmigración e rexeita prohibir o veo integral

(20/07/2010)

Laura Seara inaugura en Caldas un curso sobre inmigración e rexeita prohibir o veo integral

Localidade:
caldas/a voz.
Data
20/7/2010

A directora do Instituto da Muller, Laura Seara, foi a encargada de inaugurar onte no Auditorio Municipal de Caldas o curso de verán da USC A inmigración en Galicia: vos concellos como axentes de integración. Ademais dos trinta alumnos matriculados no seminario asistiron tamén persoas inmigrantes residentes na localidade invitadas pola asociación local Plural.é.

Tanto Laura Seara, que pronunciou o primeiro relatorio, como Fadhila Mammar, experta en mediación intercultural, mostráronse en contra de prohibir o uso do veo integral ao entender que este problema non existe en España e en Galicia onde non se emprega o burka nin o niqab.

O curso desenvolverase en Caldas ata o xoves. Na xornada de hoxe abordarase o papel que xoga a educación na integración. Falarán Miguel A. Santos, Agustín Godás, Xosé Manuel Rodríguez, Pedro Vázquez e Carlos Antonio Fernández.

Antes de trasladarse á Coruña, a directora do Instituto da Muller tivo tempo de coñecer as experiencias en igualdade do Concello de Caldas. O encontro con representantes de asociacións, colexios e traballadores municipais desenvolveuse no restaurante Lotus. Laura Seara coñeceu de cerca o traballo que se realiza no municipio da man de dous portavoces, María del Carmen González, de Carracedo, en representación das asociacións de mulleres, e Adrián Romero , alumno do IES Aquis Celenis, centro que ten en marcha un grupo de igualdade. Ana Belén, do Centro Ocupacional O Saiar, regalou a Laura Seara unha almofada de palilleira.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas