GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Barcelona acolle a II Xornada de Xornalistas de Medios para a Inmigración

(15/07/2010)

Barcelona acolle a II Xornada de Xornalistas de Medios para a Inmigración 

Xornalistas de cinco continentes daranse cita na Segunda Xornada de Xornalistas de Medios para a Inmigración, que terá lugar o próximo 16 de xullo no Auditorio da Biblioteca Francesca Bonnemaison de Barcelona e que organiza o Sindicat de Periodistes de Catalunya SPC).

"Xornalistas de aquí e de alá: información de todos" é unha iniciativa pioneira que quere ser un exercicio de integración para profesionais de orixe estranxeira que traballan en Cataluña e en España.

A apertura correrá a cargo de Oriol Amorós, Secretario para a Inmigración da Generalitat, e de Ramón Espuny, presidente do SPC.

O debate sobre a situación laboral dos xornalistas inmigrantes desenvolverase en cinco mesas temáticas. A primeira estará a cargo de  Dardo Gómez, secretario xeral da Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), que intervirá cun relatorio sobre o marco legal e laboral do exercicio da profesión xornalística.

A segunda mesa tratará da comunicación para a inmigración e a crise, en referencia ás diferentes experiencias laborais en España: desde as tradicionais revistas para inmigrantes,  das que falará o romanés Stroe Claudiu, de revístaa Raíz, a proxectos de cooperativas, como a do mexicano Rafael Monroy, coa Axencia Diversimedia.

Con eles compartirán debate a chinesa Tan Hui, do programa Info Idiomes de Barcelona Televisió, e a italiana Claudia Cucchiarato, correspondente do diario L’Unità e autora do libro sobre a nova emigración italiana "Vivo Altrove".

Na seguinte rolda de relatoras, falarase dos novos xornalistas en Europa. Desde un punto de vista internacional, a chilena Paula Vivanco explicará o proxecto da Asociación de Prensa nacional Intercultural, adscrito á Federación Nacional da Prensa Italiana, en sindicato unitario dos xornalistas italianos. Xunto a ela estarán o marroquí Brahim Abarkan e o senegalés Bouba Diaby, de Barcelona Televisión.

Para debater sobre se as redaccións reflicten a composición cultural da sociedade, atoparanse na cuarta mesa Mònica Terribas, directora de Televisió de Catalunya; o colombiano Marco Schwartz, director de opinión do diario Público; e Esther Samper, profesional de Cataluña Ràdio.

Das conclusións e propostas de futuro encargaranse Jaime Cevallos, correspondente do Universo de Ecuador, e Hicham Bouricha, xornalista marroquí de Mataró Ràdio. A xornada culminará cunha conferencia de Carles Mundó, secretario de Comunicación da Generalitat de Cataluña.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas