GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. O Goberno simplificará a burocracia en extranxeiría

(13/07/2010)

Inmigración. O Goberno simplificará a burocracia en extranjería

Servimedia, 12 de xullo de 2010 ás 15:24


O Goberno simplificará os trámites burocráticos para que os inmigrantes consigan permisos de traballo e residencia, segundo explicou hoxe a secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Ana Terrón.

Durante a inauguración do curso "Cambio de ciclo migratorio: políticas para a gobernanza da inmigración na segunda década do novo século" en San Lorenzo del Escorial (Madrid), Terrón avanzou algunhas claves do regulamento da Lei de Estranxeiría, entre as que citou a necesidade de "normalizar a estranxeiría e lograr que estes trámites sexan o menos engorrosos posible".

Ademais, apuntou que o Executivo traballará para previr "a irregularidade sobrevinda" e fomentar a mobilidade do colectivo inmigrante, mediante "mecanismos que reforcen as políticas de retorno voluntario".

Segundo un comunicado, Terrón sinalou que hoxe "o reto é garantir que os estranxeiros que están na regularidade non salgan dela por problemas de xestión burocrática", polo que "imos examinar as opcións para avanzar nun marco de garantías procedimentales simple, pero eficiente".

A secretaria de Estado referiuse tamén ao II Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración, "que definiu como un dos grandes instrumentos aos que a curto prazo hai que dar continuidade" para afrontar o fenómeno migratorio.

"En época de crise, teremos que recoller os froitos do que sementamos", concluíu Terrón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas