GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social gañou 33.169 afiliados estranxeiros en maio e encadea catro meses á alza

(22/06/2010)

A Seguridade Social gañou 33.169 afiliados estranxeiros en maio e encadea catro meses á alza 

A afiliación media de traballadores estranxeiros situouse ao finalizar maio en case dous millóns tras subir un 1,8% respecto ao mes anterior

Madrid. (EFE).- A Seguridade Social rexistrou un superávit de 9.738,33 millóns de euros ata maio, o que supón o 12,92 por cento menos que no mesmo período de 2009 e o 30 por cento máis que ata abril deste ano, segundo informou hoxe o Ministerio de Traballo e Inmigración.

O ministerio destaca que ata abril deste ano a variación interanual era do 29%, polo que nun mes esta taxa reduciuse case un terzo. Segundo o secretario de Estado da Seguridade Social, Octavio Granado, é a consolidación dos ingresos e a "extraordinaria" austeridade e o control dos gatos correntes e de incapacidade temporal o que explica esta mellora da situación. Ademais, prevé que grazas a esas medidas o ano peche cun superávit maior do previsto inicialmente.

A Seguridade Social rexistrou 1.883.538 afiliados estranxeiros de media en maio, o que supón 33.169 cotizantes máis que en abril (o 1,79 por cento), segundo o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Con respecto a maio de 2009, o número de afiliados estranxeiros caeu en 33.685 persoas, o 1,76% menos.

Maio é o cuarto mes consecutivo no que crece a cifra de afiliados estranxeiros, que supón o 10,60% das 17.761.897 afiliacións en España. Todos os réximes, excepto o do carbón, aumentaron o seu número de cotizantes estranxeiros con respecto ao mes anterior.

Así, o Réxime Xeral, que é o que máis estranxeiros concentra (1.239.060) creceu en 26.529 persoas, o de Autónomos (198.891) gañou 1.479, o Agrario (256.420) 3.809, o do Mar (5.278) 73 e o do Fogar (183.185) 1.304. Pola súa banda, o Réxime do Carbón perdeu 25 afiliados estranxeiros durante o mes de maio, ata os 705.

Desta forma, o Réxime Xeral concentrou o 65,78% do total das afiliacións estranxeiras, o Agrario, o 13,61%, o de Autónomos, o 10,55%, o do Fogar, o 9,72%, o do Mar, o 0,28%, e o do Carbón, o 0,03%.

Do total de afiliados cos que o sistema contaba en maio, 686.425 procedían da Unión Europea (UE) e 1.197.113 doutros países. Por nacionalidades, o país non pertencente á UE que máis afiliados achegou á Seguridade Social foi Marrocos con 231.681, seguido de Ecuador, con 176.566, Colombia, con 114.679, China, con 79.732, Bolivia, con 77.548, Perú, con 70.453, e Arxentina, con 47.346.

Os países da UE que máis afiliados achegaron foron Rumania, con 289.884, Italia, con 63.694, Portugal, con 55.313, Bulgaria, 55.041, e Reino Unido, 54.490. En canto ao xénero, 1.053.621 cotizantes estranxeiros eran homes e 829.918 eran mulleres.

Catalunya, con 417.230 afiliados foi a comunidade que rexistrou o maior número de estranxeiros afiliados (o 22,15% do total), seguida da Comunidade de Madrid, con 398.627 (o 21,16%), Andalucía, 234.722 (12,46%) e a Comunidade Valenciana, 199.622 (10,60%). Ao lado contrario situáronse Cantabria, con 12.456 (0,66%), A Rioxa, con 15.185 (0,81%), Estremadura 15.834 (0,84%), Asturias 15.897 (0,84%) e Navarra 26.481 (1,41%).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas