GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Eva Moreda gaña o Terra de Melide cunha obra de emigración inglesa

(10/06/2010)

Eva Moreda gaña o Terra de Melide cunha obra de emigración inglesa


09/06/2010 - O Progreso (Lugo)

A escritora ribadense Eva Moreda, de 29 anos, fíxose co premio Terra de Melide de creación literaria pola súa obra 'A veiga é como un tempo distinto'. O galardón está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra por Xerais.

O fío argumental desta novela traza un percorrido pola inmigración galega en Londres nos anos 60 e 70, contada, segundo o xurado, "cunha visión innovadora". O xurado tamén destacou a súa "literatura moderna, narrada con frescura e cun ánimo narrativo merecedor de ser recoñecida como a mellor das vinte e cinco obras presentadas ao certame".

Eva Moreda naceu fai 29 anos en Vegadeo, pero se trasladou con só tres a Ribadeo. Licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía, ten traballos nos ámbitos da comunicación, a tradución e a docencia. publicou cinco novelas e outros traballos que xa lle valeron os premios Rúa Nova de narracións xuvenís de 1997 e 1999.

No palmarés deste premio figura outro mariñán, Santiago Jaureguizar, quen gañara o Terra de Melide 2008 con 'O globo de Shakespeare'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas