GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os españois en Francia toman as rúas para reclamar o voto

(07/06/2010)

Os españois en Francia toman as rúas para reclamar o voto 

I. Bande. Madrid - 06-06-2010

'Somos españois, queremos votar' e ' votar é o meu dereito' foron os lemas máis coreados na manifestación que onte percorreu as rúas de París e que agrupou a varios centenares de emigrantes españois en protesta ante o posible recorte do seu dereito a votar en España.

O acto empezou ás 10,30 horas. Media hora máis tarde, o grupo chegou ás portas da Embaixada de España, onde se recibiu aos representantes da 'Plataforma a favor do voto'. Os asistentes á marcha mostráronse 'decepcionados' por que a manifestación non contou con representantes do PSOE e do PP, as dúas forzas que impulsan que os emigrantes non voten nas citas municipais e no resto deban solicitar a documentación electoral se queren participar. Si acudiron representantes do PCE e de EU.

Despois do encontro cos representantes da Embaixada, os portavoces da Plataforma confirmaron aos manifestantes que aínda non se recibiu contestación' ás cartas de protesta entregadas ao embaixador o pasado xoves 3 de xuño para que fosen remitidas ao Goberno español. Os portavoces da Plataforma recordaron que, de ser aprobada a proposta de reforma da LOREG, Lei Orgánica do Réxime Electoral, 'as asociacións carecerán de subvencións e o mundo asociativo desaparecerá, xa que non teremos ningún peso electoral'.

A marcha en París non foi a única que protagonizou ao longo da xornada a emigración española. Outro grupo de emigrantes déronse cita ante as portas do consulado español en Lyon, onde tamén se corearon lemas a favor da participación electoral dos españois no exterior e fíxose entrega ás autoridades españolas dun escrito de protesta.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas