GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Confederación Europea anima aos emigrantes a mobilizarse contra a reforma do voto exterior

(27/05/2010)

A Confederación Europea anima aos emigrantes a mobilizarse contra a reforma do voto exterior

Pide aos representantes dos partidos políticos no exterior que fagan fronte aos seus compañeiros de España

LRI - MADRID - 26-05-2010
A emigración europea segue movilizandose para evitar a reforma do voto emigrante, que suporá a súa imposibilidade de exercer o sufraxio nas citas municipais e que no resto de convocatorias a súa participación sexa de forma rogada. A Coordinadora pediu aos emigrantes que se mobilicen e salgan ás rúas, tamén demandou axuda dos expertos en dereito constitucional, para que 'denuncien este ataque á Constitución'. Para rematar, piden aos representantes do PSOE e do PP no exterior que rompan a disciplina de partido e demostren que 'primeiro de nada son emigrantes'.
Manifestación contra el recorte del voto emigrante, en Bruselas.

Manifestación contra o recorte do voto emigrante, en Bruxelas.

A Confederación Europea de Asociacións Españolas de Pais de Familia fixo unha chamamento a todos os cidadáns españois a opoñerse a este proxecto de reforma da Lei Electoral que suporá un recorte nos dereitos do voto emigrante.

Nunha carta enviada ás súas distintas federacións 'aprema' ás persoas afiliadas en cada un dos partidos políticos que impulsaron esta proposta (PSOE e PP) que non comparten as medidas previstas 'que mostren coraxe civil e antepoñan a defensa dos valores constitucionais ao oportunismo político'.

A Confederación 'solicita especialmente' aos estudiosos do dereito constitucional en universidades e outros organismos ou institucións semellantes de carácter público ou privado que fagan oir a súa voz e denuncien este ataque á Constitución', á vez que reclama aos membros da subcomisión do Congreso dos Deputados e aos seus dirixentes nos partidos a que 'reconsideren os seus acordos, para facilitar a convivencia e a concordia entre os cidadáns españois'.

Na procura dunha fronte para loitar contra o posible recorte, a Confederación 'apoia accións unitarias para loitar contra estes intentos antidemocráticos de privar aos españois emigrantes dos seus dereitos constitucionais'.

No seu manifesto, os representantes da Confederación 'esixen' a supresión do sistema do voto rogado para as eleccións locais actualmente vixente, á vez que demanda aos responsables políticos 'que adopten urxentemente as medidas necesarias para garantir o envío puntual da documentación necesaria para exercer en prazo o dereito ao voto por correo en todas as eleccións que se celebren en España e que garantan a limpeza e transparencia de todos os procesos electorais dentro e fóra do territorio español'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas