GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O secretario de Emigración da Xunta non ve oportuno que se restrinxa o voto aos emigrantes

(26/05/2010)

O secretario de Emigración da Xunta non ve oportuno que se restrinxa o voto aos emigrantes

Santiago Camba manifestou en Bos Aires que está xunto á colectividade "na defensa dos seus dereitos"

Última Actualización Martes, 25 de Maio de 2010. 13:48h.

O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, defendeu o luns 24 de maio en Bos Aires as "eleccións transparentes, en urna e sen limitación de dereitos" para os residentes no exterior. O representante do Goberno galego afirmou que a Administración autonómica está traballando para conseguir "un voto transparente, en urna". Ademais, sinalou que para el é unha honra que pidan a súa dimisión "por defender aos galegos do exterior".


Camba fixo estas declaracións no acto de celebración do 76º aniversario da Asociación Unión de Residentes de Vila de Cruces, onde compartiu un encontro con numerosos presidentes e representantes das entidades da colectividade galega en Arxentina. Neste contexto e interpelado polos asistentes sobre a posible reforma do sistema de voto para os residentes no exterior, Santiago Camba asegurou que a Administración galega está traballando para conseguir "un voto transparente, en urna" como os que teñen os galegos residentes en España.

"Non vexo oportuno que haxa restricións para o voto dos residentes no exterior" remarcou o secretario xeral. Así mesmo, engadiu que para el "é unha honra que nestes últimos días pidan a súa dimisión por defender aos galegos do exterior". Nesta liña, engadiu que o seu cargo está "a disposición do presidente da Xunta" e que, se cadra agora "aínda máis", non lle tremerá o pulso á hora da defensa dos galegos, dos españois no exterior".

Camba asegurou que está seguindo este tema moi de cerca e que está xunto á colectividade galega do exterior "nesa tarefa honrosa que é a defensa dos seus dereitos". Así mesmo, subliñou que mantén "coherencia" coas súas crenzas "porque é o único xeito de ser crible", dixo.

Neste acto, celebrado nas instalacións da Asociación en Paso do Rei, tamén participaron o delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, membros da Comisión Directiva da Asociación Vila de Cruces en Bos Aires, así como o presidente da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina, Francisco Lores Mascato; a presidenta da Asociación Mutualistas Residentes de Vigo, María del Carmen Araújo; o presidente do Centro Galego da Comarca de Ordes, José Luís Durán, e representantes de varios centros e asociacións galegas en Arxentina.

Apertada axenda institucional

O secretario xeral de Emigración comezou con esta celebración unha intensa axenda institucional de dous días na capital arxentina. Dentro destas actividades cabe destacar que o mesmo luns pola noite foi o encargado de representar o Goberno galego no acto de reapertura do Teatro Colón, invitado polo xefe do Goberno porteño, Mauricio Macri, no marco das celebracións polo Bicentenario da Nación Arxentina.

Así mesmo, o martes 25 de maio desprázase ata a sede da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa para manter un encontro co presidente da entidade e con membros da comisión directiva.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas