GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Publicación das listas provisionais de admitidos e excluidos ao sorteo do programa de Campamentos e Campos de Traballo 2010

(07/05/2010)

Publicación das listas provisionais de admitidos e excluidos ao sorteo do programa de Campamentos e Campos de Traballo 2010

Publicación das listas provisionais de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluidos do programa de axudas para a participación en actividades de "Campamentos e campos de traballo" (Resolución do 4 de marzo, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº47 do 10-03-2010). 

De acordo co disposto no artigo 4º.2 das bases reguladoras da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos para o país de BRASIL, CHILE, CUBA. ESTADOS UNIDOS, MEXICO, PERÚ, URUGUAI, EUROPA E ESPAÑA, entendendo como:

- Solicitudes admitidas ao sorteo: as que levan a mención “COMPLETA” na columna “observacións”.

- Solicitudes ás que se lles require documentación: deberán presentar a documentación que figura na columna “observacións”. Para unha maior comprensión do texto deberán consultar a nota aclaratoria sobre a documentación a presentar.

- Solicitudes provisionalmente excluídas: aquelas outras que figuran como EXCLUÍDA na columna observacións, sinalando na columna CAUSAS_EXCLU e ART_EXC os motivos. Xúntase unha lista na que se explican os artigos (número e letra) que figuran na columna ART_EXC, aos efectos de identificar os motivos da súa exclusión.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 19 DE MAIO INCLUSIVE) para formular as alegacións que consideren oportunas e para completar a solicitude. Esta documentación deberá presentarse na entidade colaboradora para que faga a súa remisión a Secretaría Xeral da Emigración ou ben remitilas directamente o interesado a esta secretaría xeral (fax número 981/54 72 95), xunto co modelo que se achega: Descargar modelo.

Transcorrido ese prazo sen que se complete a documentación considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo da súa solicitude nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Campamentos

Campos de Traballo

Brasil Descargar Descargar
Chile Descargar  
Cuba Descargar Descargar
EEUU Descargar Descargar
España Descargar  
México Descargar  
Perú Descargar Descargar
Suiza Descargar  
Uruguai Descargar Descargar

 Nota aclaratoria sobre a documentacion a aportar e causas de exclusion

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas