GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración rexeita límites ao voto nas municipais

(21/04/2010)

A emigración rexeita límites ao voto nas municipais

J.L. ESTÉVEZ / P. LÓPEZ - Bos Aires / Santiago - 21/04/2010

As declaracións de María Teresa Fernández de la Vega sobre o voto dos emigrantes non rebaixaron a tensión en Arxentina. A vicepresidenta apostou por restrinxir o sufraxio exterior nas municipais e mantelo en autonómicas e xerais, pero as asociacións de galegos en Bos Aires anuncian unha batalla xurídica.

As declaracións de María Teresa Fernández de la Vega sobre o voto dos emigrantes non rebaixaron a tensión en Arxentina. A vicepresidenta apostou por restrinxir o sufraxio exterior nas municipais e mantelo en autonómicas e xerais, pero as asociacións de galegos en Bos Aires anuncian unha batalla xurídica. En Galicia, os tres partidos acúsanse de titubear e de alimentar a fraude.

O presidente da Federación de Sociedades Galegas de Arxentina, Francisco Lores, asegurou onte que estes colectivos están dispostos a levar o conflito ao Tribunal Constitucional e aos tribunais da UE, xa que consideran que afecta a un dereito constitucional. Lores apunta tamén que os emigrantes van mobilizarse na rúa.

O vicesecretario xeral do PSOE de Arxentina, Carlos Fernández, explicou que "a título persoal" pode entender algunha limitación para nos comicios locais, pero insiste en que nunca debería afectar aos nados en Galicia. Pola súa banda, o PP de Arxentina a través do seu secretario xeral, Fernando López, declarou fai poucas datas que a súa formación non está disposta a apoiar ningunha restrición de voto.

En Galicia, o BNG reaccionou con indignación aos matices introducidos por De la Vega. Para o seu portavoz parlamentario, Carlos Aymerich, socialistas e populares apostan polo mantemento do sistema actual, que "alimenta a corrupción e a fraude electoral". O Bloque é o único partido galego que defende o principio de acordo selado por PSOE e PP na subcomisión do Congreso dos Deputados para estudar a reforma da Lei Electoral, que propuña restrinxir o voto dos emigrantes á elección de catro senadores. "Que decidan os que residen", propuxo Aymerich. O portavoz do BNG instou a populares e socialistas a que "expliquen" os motivos polos que agora revisan aquel principio de acordo.

Postura común
Os tres portavoces parlamentarios veranse as caras a finais de semana para fixar unha postura común. As diferenzas son mínimas no que se refire á participación nas municipais, que onte cuestionou o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga e, con matices, o popular Manuel Ruiz Rivas. Leiceaga confesouse "confortado" coas declaracións da vicepresidenta primeira do Goberno.

A reforma da Lei Electoral foi analizada nunha breve conversación telefónica este luns polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o secretario xeral do PSDEG, Pachi Vázquez. A pesar das dúbidas sobre o voto de ks emigrantes nas municipais que Ruiz Rivas fixo tamén o luns, o portavoz do partido, Antonio Rodríguez Miranda, defendeu onte o seu mantemento, e criticou ao PSDEG polo que considerou contradicións internas e respecto ao PSOE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas