GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

De Senegal a Ourense

(12/04/2010)

De Senegal a Ourense 

De Senegal a Ourense

Luns , 12-04-10
POR ISABEL BUGALLO
OURENSE. Así de claro teno o presidente da asociación de senegaleses de Ourense, Ibrahima Diouf, satisfeito pola gran resposta dos ourensáns a todas as actividades que desenvolveron nos últimos días na cidade das Burgas e convencido de que con cada día que pasa a integración vaise reforzando grazas á actitude positiva dos ourensáns e á vontade dos senegaleses que se adaptaron plenamente á vida, os costumes, a gastronomía e as normas de Ourense, «unha cidade de paz» como a cualificou o presidente dos 150 inmigrantes senegaleses (16 son mulleres) que viven na cidade áurea.
- Gústalles que lles chamen os galegos africanos?
- Pois si, é agradable. Ademais Galicia é un país de emigración e agora os senegaleses vimos a Galicia e non temos moitos problemas porque a xente que emigrou sabe o que é, enténdenos moi ben , recíbenos cos brazos abertos e alégrase por iso cando nos coñece e dáse conta de como somos. No noso caso concreto en Ourense sentímonos moi ben porque é unha cidade moi acolledora
- A xente doutros países experimenta dificultades para adaptarse pero o seu colectivo xa se sinte un máis. O seu carácter aberto e a súa capacidade de traballo axúdalles para integrarse?
- Si, os senegaleses integrámonos totalmente na sociedade., Somos un máis. Adaptámonos moi ben na comida, o vestido, as normas, os costumes.... Adaptámonos moi rápido, afacémonos ata ao frío (sorrí). En cando ao idioma, o primeiro que facemos cando chegamos é ir a clases de español e aprendemos rápido porque queremos integrarnos. Somos ademais bos traballadores e persoas moi sociables e alegres. Creo que somos moi parecidos aos galegos en moitas cousas.
- Qúe lle parece Ourense?
- Paréceme unha sociedade moi aberta con xente moi sociable. Ás veces hai casos de racismo pero é moi raro. É unha sociedade acolledora e sentímonos moi a gusto aquí porque Ourense é unha cidade de paz.
- Como axudan á integración desde a Asociación?
- Axudamos aos emigrantes a adaptarse e mostramos aos ourensáns o que é a cultura senegalesa. Estamos moi contentos porque a xente recíbenos moi ben e hai un intercambio de cultura. Organizamos actividades para que nos coñezan un pouco máis cada día a cultura senegalesa coa axuda do Concello de Ourense
- É fácil vivir coa familia tan lonxe?
- Ao principio é moi difícil porque a maioría dos inmigrantes necesitan tres anos para poder ter os papeis e regresar a Senegal onde en moitos casos están os pais, a muller, os fillos... pero para paliar isto facemos festas todos xuntos como acabamos de facer coa celebración da festa da independencia de Senegal Os senegaleses somos moi solidarios e reunímonos en ocasións especiais para comunicar coa sociedade ourensá e non botar tanto de menos ao noso país. Gústanos compartir cos demais e os ourensáns gustan de participar nas nosas actividades.
- Pasaralles como a tantos galegos que quedaron alí onde foron?
- Si, seguro. Isto vainos a pasar. De feito os primeiros que chegaron aquí fai 30 anos seguen vivindo aquí. É máis fácil emigrar que regresar a Senegal. É difícil. Desde fai moitos anos non hai case ningún caso de emigrantes que regresase a Senegal para non volver. Por iso agora faise reagrupación para traer á familia. Quedámonos a vivir aquí.
- Por que?
- Porque Ourense é unha cidade de paz. Non temos problemas coa xente e tampouco coa policía porque somos boas persoas que queremos traballar e vivir en paz. A xente quérenos e sentímolo así. Os ourensáns son xente amiga e acóllennos co mesmo agarimo e respecto que nós a eles. Sempre hai algún caso de persoas que nos rexeitan pero iso é porque non nos coñecen e sucede cada vez menos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas