GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSDEG reclama crear un museo das migracións no Gaiás en cuxo deseño participe o Consello da Cultura

(29/03/2010)

O PSDEG reclama crear un museo das migracións no Gaiás en cuxo deseño participe o Consello da Cultura

O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG José Luís Méndez Romeu reclama a creación dun museo das migracións no complexo da Cidade da Cultura, situado no monte Gaiás de Santiago de Compostela, e para cuxo deseño e organización pide establecer o convenio pertinente co Consello da Cultura Galega.

EUROPA PRESS. 28.03.2010
Nunha proposición non de lei rexistrada no Parlamento autonómico, o deputado socialista explicou que esta instalación debe servir para recoller os testemuños dos fenómenos migratorios de Galicia ao longo do tempo, os fondos documentais e noutros soportes, e para ofrecer aos visitantes e investigadores o conxunto dos materiais acumulados polos historiadores, presentando os fondos coa musealización adecuada para conseguir "un centro de referencia internacional".

Deste xeito, Méndez Romeu recordou que o legado migratorio permite unha nova visión da historia e da identidade de Galicia, proxectada nas comunidades galegas do exterior. Así, é necesario sinalar que a migración constitúe un fenómeno de partida e retorno que, segundo recalcou, permite explicar a historia contemporánea.

Galicia, no seu contexto europeo, é un dos territorios con maior volume de emigrantes. Os galegos, non só "fixeron achegas singulares" na vida económica dos países de acollida, senón que tamén desenvolveron sistemas asistenciais, institucións culturais e un importante labor altruísta nas súas localidades de orixe, en forma de creación de escolas e outros equipamentos sociais, resaltou Méndez Romeu.

O parlamentario socialista advertiu de que, desde fai anos, os especialistas "apuntaron a necesidade de crear unha institución" que recolla ese legado documental e de experiencia, á vez que poña en marcha ao alcance dos cidadáns esa riqueza.

Así, reprobou que a Xunta "aínda non teña definidos" os contidos da Cidade da Cultura, onde desde o principio do proxecto estaba previsto un museo da Historia de Galicia e recordou que algúns centros dedicados á emigración, como o da Illa Ellis de Nova York "elevaron o número de visitantes e son en si mesmos un atractivo cultural".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas