GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Homenaxe á diáspora miñorana

(25/03/2010)

Homenaxe á diáspora miñorana

Almuiña acode ao 82 aniversario do Círculo Social Val Miñor en Bos Aires
Vázquez Almuiña con el presidente del centro, José Carlos Panteón.

 

 

 

 

Vázquez Almuiña co presidente do centro, José Carlos Panteón.


REDACCIÓN - BAIONA A emigración miñorana estivo de festa o fin de semana. O Círculo Social Val Miñor en Bos Aires celebrou o seu octoxésimo segundo aniversario coa presenza do alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e do presidente da Deputación do Pontevedra, Rafael Louzán. Como bos invitados, ambos levaron agasallos de aniversario ao centro galego.
O organismo provincial doou un cruceiro de pedra, colocado no patio interior do inmoble, e equipamento para unha sala de informática que permitirá aos emigrantes porse ao día en novas tecnoloxías e sentirse máis preto dos seus lugares de orixe. O Concello de Baiona tamén regalou á institución unha metopa e un pergamiño conmemorativo en nome de todos os seus veciños.
Centos de galegos e asturianos socios do centro asistiron ao acto no que o presidente do Círculo Social Val Miñor, José Carlos Panteón, expresou a súa gratitude a Vázquez Almuiña e Louzán pola súa presenza que "serve para unir" "aínda máis se cabe ás comunidades galegas no exterior coa terra nai Galicia".

"Joselín"

A ligazón do centro miñorano con Baiona é profunda. E é que foi fundado en 1928 por José Rodríguez Vicente, máis coñecido por "Joselín", e outros ilustres miñoranos que tiveron que emigrar a terras arxentinas por diversas razóns.
"Joselín" exerceu o xornalismo en Arxentina e participou activamente na creación de distintas publicacións xunto a personaxes da talla de Castelao. Pero tamén tivo un papel destacado na vila real, xa que exerceu como alcalde de Baiona entre 1924 e 1925 e ocupou o cargo de administrador nas Escolas Prol Vale, hoxe Instituto Escolas Proval, creadas por miñoranos enriquecidos en América co fin de estender a educación entre a poboación da comarca. O propio Concello de Baiona dedicoulle unha rúa fai anos como homenaxe á súa difusión do nome da vila polo mundo.
Na súa traxectoria profesional, José Rodríguez Vicente desenvolveu outras facetas como a de escritor, debuxante, humorista ou poeta. Así, gravou varios contos considerados hoxe imprescindibles para entender a realidade galega dos anos vinte do pasado século pola súa representación de escenas e costumes populares. O personaxe faleceu en 1928 tras recibir a Cruz do Mérito Civil, ademais do recoñecemento popular.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas