GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Galego de Hannover cualifica de calvario o peche do consulado

(18/03/2010)

O Centro Galego de Hannover cualifica de calvario o peche do consulado

A colectividade organizou unha concentración o sábado 27 de marzo e recolle firmas para protestar pola decisión de Exteriores.

Autor:
La Voz
Data de publicación:
18/3/2010

O presidente do Centro Galego de Hannover, Martín Maceiras, considera que o peche do consulado de España nesta cidade alemá suporá «un calvario» para toda a colectividade galega e, por extensión, española.

Maceiras, que naceu en Alemaña, criouse en Fene e regresou ao país fai 30 anos, explica que se trata dunha institución crucial para os case 4.000 galegos e máis de 8.000 españois, xa que ademais das funcións habituais tamén serve de asesoría laboral. O propio centro necesítao para os seus trámites coa Xunta e outras institucións. Cando desapareza, deberán desprazarse centenares de quilómetros.

Toda a colectividade organizou unha concentración fronte á sede consular o sábado, día 27, ás 12 horas. As entidades recollen firmas para protestar por unha decisión que o Ministerio de Asuntos Exteriores segue sen confirmar, aínda que Maceiras indica que as fontes que manexa son sólidas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas