GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Qingtian, a cidade da que saíu o 70% da emigración cara a España

(22/02/2010)

Qingtian, a cidade da que saíu o 70% da emigración cara a España

Data de publicación:
21/2/2010

Algúns dos chineses que viven en Lugo ou en Vigo, de cando en cando coinciden en Galicia, pero se saúdan con frecuencia cando volven ao seu país de orixe. Seguramente os seus pais viven a pouca distancia, ou xa correron xuntos de nenos polas rúas de Qingtian, a cidade da que proceden a maioría dos chineses que hai, xa non só en Galicia, senón en toda España.

A relación entre esta cidade próxima a Shanghái de medio millón de habitantes situada entre montañas e España remóntase a finais do século XIX, cando algúns nativos da zona, artesáns da pedra, chegaron á Península a vender os seus produtos. Algunha estraña conexión produciuse para que só a Guerra Civil interrompese un fluxo migratorio que se disparou nos anos oitenta do século pasado. Hoxe en día calcúlase que un 70% dos chineses que viven en España son orixinarios de Qingtian. Non é estraño xa que logo que nesa cidade proliferen as cafeterías de estilo español e o euro sexa unha moeda que circula con máis frecuencia que en calquera outro punto do vasto territorio da república popular.

Ostentación

Algúns termos en castelán popularizáronse en Qingtian, como «lixo» ou «paisano», e nas datas de maior afluencia de «españois» o diñeiro corre en abundancia. Os emigrantes non levan cousas aos seus familiares, o costume é regalar diñeiro. «Os vellos presumen pola rúa dos negocios dos seus fillos», explica Mengyong Zhou, que relata con sentido do humor a peculiar relación entre emigrantes e nativos, tan reconocible entre a poboación galega: o emigrante que chega con diñeiro e pertenzas de luxo, facendo ostentación e engordando o estímulo por saír de quen aínda non intentou a aventura da emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas