GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«É moi duro deixar a un fillo de poucos meses para emigrar»

(09/02/2010)

«É moi duro deixar a un fillo de poucos meses para emigrar»

Acaba de montar un bar como punto de encontro para inmigrantes e galegos

Autor:
Xulio Vázquez
Data de publicación:
9/2/2010

 

Moitos lugares da súa cidade utilizan o azul e amarelo. Pero el elixiu a cor esperanza, que é o que mellor combina coa emigración. Néstor Fabián Jara (34 anos) é natural de Luque (Paraguai). Conta con edificios moi lindos, como o da Confederación Suramericana de Fútbol e o Aeroporto Internacional Silvio Pettirossi. Foi aí onde este mozo emprendedor paraguaio subiuse a un avión hai case tres anos rumbo a Vigo e coa ilusión de mellorar o seu futuro, aínda que non o tivo fácil para empezar.

Faltáballe pouco para obter a licenciatura en contabilidade cando se puxo a traballar. Precisamente, era en algo que lle resultaba familiar. Levaba as contas dun supermercado. Casou no 2005 e froito desa relación tivo un fillo que agora ten tres anos e medio. «Non vivía mal, pero no meu país os soldos son moito máis pequenos. Ao cambio, en guaraníes, gañaba pouco máis de 200 euros ao mes, polo que buscamos a forma de progresar e animámonos/animámosnos a probar fortuna en España», explica.

Pertence a unha familia de seis irmáns (cinco homes e unha muller) por parte da súa nai. A maioría traballan. Precisamente, a un deles empregouno Fabián de panadeiro no mesmo supermercado.

O feito de que se dirixisen a Vigo non foi por casualidade. Resulta que xa viñera antes unha cuñada. «Primeiro decidiuse a miña esposa a viaxar, aínda que tivo que deixar ao noso fillo con tres meses, ao coidado meu e dos avós. Eu reuninme con ela oito meses despois. É moi duro deixar a un fillo de poucos meses para poder emigrar», manifesta.

Primeiro emprego

O seu primeiro traballo cando chegou aquí foi nunha tapería, o que lle permitiu legalizar a súa situación no noso país. Aínda que, para iso, tivo que regresar aos poucos meses a Paraguai. Todo por culpa do papelorio. Retornou de inmediato para continuar no curro.

A súa esposa fora contratada no servizo doméstico, pero aínda lle quedaban forzas para un emprego máis, como cociñeira durante os fins de semana. Pero, desde este novo ano, quedou só co primeiro traballo.

Tamén ao seu marido cambioulle a vida, tras o seu novo emprego de camareiro na cafetería Mus, no Calvario, durante un ano e tres meses. «Tiña contacto cun compatriota e entre os dous barallamos a posibilidade de montar un negocio deste tipo. Arrendamos un local que antes era pizzería restaurante. Pero había estado parada durante oito meses. A verdade é que nos custou unha chea, porque estamos en plena crise e esixíronnos un aval de 12.000 euros en efectivo, á parte de pagar o aluguer e deducir outros gastos de xestións. Acheguei os aforros que conseguira coa miña esposa. E o meu compañeiro puxo unha parte para o investimento no equipamento da cociña. Pero non necesitamos pedir préstamo algún aos bancos», argumenta.

O bar chámase Punto de Encontro e está situado no número 21 da rúa Jenaro de la Fuente. Aínda que só leva tres meses funcionando, Néstor Fabián móstrase optimista. «A finais deste mes saldaremos a débeda polas obras que fixemos no local. Pero é moi importante que logremos aguantar nesta situación económica tan crítica», afirma.

Ademais das consumicións típicas de calquera bar, tamén ten a especialidade da empanada paraguaia para todos os compatriotas que adoitan acudir en gran número os fins de semana. «Tampouco descoidamos a cociña española, porque tamén nos visita a xente de Vigo e moitos inmigrantes doutros países», sinala.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas