GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A FGE forma a inmigrantes e retornados na creación de empresas

(28/01/2010)

A FGE forma a inmigrantes e retornados na creación de empresas

Coa posta en marcha dun ciclo de Seminarios para Emprendedores a Fundación Galicia Emigración aposta pola creación e consolidación de empresas, mellorando a empregabilidade do colectivo.

O primeiro dos seminarios de Motivación Emprendedora dará comezo o 3 de febreiro en Lugo

Nel analizarase como levar a cabo a transformación dunha idea en proxecto empresarial e ofertaranse os recursos dispoñibles para acadar o éxito na empresa

O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas

Santiago, 27 de xaneiro de 2010.- A FGE, en colaboración con BIC Galicia, abre o prazo de inscripción para un novo seminario de Motivación Emprendedora para encarar novos proxectos de empresa e vai destinado a inmigrantes residentes en Galicia e emigrantes retornados.

No curso- dunha xornada de duración- ademais de asesoramento- axentes especializados analizarán a viablilidade dos posibles proxectos e os recursos materiais e humanos para poñelos en marcha.

Entre os obxectivos do curso, totalmente de balde para os interesados, tratarase a figura do emprendedor e a relación do éxito da empresa a través e as características persoais do emprendedor a través de casos reais de negocio implantados en Galicia.

Co apoio destas iniciativas emprendedoras a Fundación Galicia Emigración busca mellorar o perfil do emprendedor- desde a súa polivalencioa e empregabilidade- e a súa posterior integración no mercado laboral galego, polo que apoia a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan estes seminarios.

O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas levadas a cabo por inmigrantes e emigrantes retornados con algún interese en emprender unha actividade empresarial.

Os interesados haberán de dirixirse á Fundación Galicia Emigración:

Fundación Galicia Emigración

Rúa do Vilar, 15. 15705 Santiago de Compostela (España)

T: 0034 981 554463 - Fax: 00346 981554612

autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es

www.fundaciongaliciaemigracion.es

O curso celebrarase en horario de tarde- 16:00 a 19:30h.- na Confederación de Empresarios de Lugo.

O ciclo de Seminarios para Emprendedores completarase cun Seminario para Xeración, Maduración e Avaliciación das ideas empresariais- que transcorrerá ao longo do mes de febreiro e marzo- e un Seminario para Creación de Novos Proxectos de Empresa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas