GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración do talento

(25/01/2010)

A emigración do talento

Hai unha especie de resignación nos xenes do ourensán que lle levan antes á emigración que a afrontar solucións na súa terra.

Autor:
José Manuel Rubín
Data de publicación:
23/1/2010

Hai unha especie de resignación nos xenes do ourensán que lle levan antes á emigración que a afrontar solucións na súa terra. O constante goteo de perda de poboación avala esta forma de ser. Ourense non ofrece posibilidades e os mozos ven obrigados a marchar. Ano tras ano, o censo diminúe en miles de persoas sen que a inmigración, que compensa as estatísticas doutras provincias, logre aquí frear a sangría. O censo de 1986 rexistraba 429.382 veciños e a estimación do INE para o 2010 é de 325.887. A perda de 103.000 en 25 anos é un dato estremecedor para unha provincia que ten talento individual (os modistos Adolfo Domínguez, Verino ou Kina Fernández son bo exemplo) pero que non é capaz de rendibilizalo colectivamente. No 2002 investíronse 100 millóns de pesetas nun Plan Estratéxico que tería que haberse rendibilizado no 2010. Nada de nada. Nin cidade do motor, nin bum termal, nin industrial, nin agrario, nin turístico. Coren, a lousa, a moda, a función pública e pouco máis. Ourense é unha gran fábrica de funcionarios e un deserto de emprendedores. E esa realidade reflíctese en todas as estatísticas ante a miopía dos dirixentes que terían que cambialas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas