GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno rebaixa a 57.000 os emigrantes galegos que obterán a nacionalidade

(20/01/2010)

O Goberno rebaixa a 57.000 os emigrantes galegos que obterán a nacionalidade
Tras a reforma da Lei de Memoria Histórica a previsión inicial era de 125.000 beneficiarios

R. PRIETO - A Coruña O goteo constante de novos inscritos no censo emigrantes continurá ao longo deste ano. Con todo, o voto exterior non se disparará no volume previsto cando se aprobou a reforma da nacionalidade, en vigor desde decembro de 2008 ata finais de 2010 e prorrogable un ano máis se así o acorda o Consello de Ministros. A directora xeral de Cidadanía Española no Exterior, a galega Pilar Pin, rebaixou onte a 200.000 a cifra de fillos e netos de emigrantes e exiliados que se acollerán á nacionalidade, uns 57.000 de orixe galega.
Durante un acto celebrado onte na Coruña, a responsable do Ministerio de Traballo confirmou que non se produciu o efecto avalancha que prognosticaban "as previsións apocalípticas dalgúns".
Cos resultados do primeiro ano da denominada lei de netos, no que se aprobaron 81.715 solicitudes "unhas 25.000 de fillos e netos de emigrantes galegos, segundo cálculos da asociación Fillos e Netos de Españois", a directora de Emigración considerou que a cifra de posibles benefiarios incrementará nun 20% a cifra de solicitudes presentadas ao longo do ano pasado. En total, uns 32.000 novas peticións que se sumarán ás máis de 160.000 tramitadas en 2009.
Esta previsión bota por terra as estimacións iniciais realizadas tras a reforma da lei de memoria histórica que cifraban en 500.000 os posibbles beneficiarios "uns 125.000 de orixe galega".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas