GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ferrol. A Oficina de Inmigración queda sen avogada

(18/01/2010)

Ferrol. A Oficina de Inmigración queda sen avogada

Data de publicación:
17/1/2010

A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo (PSOE), asegura que se atopa «moi preocupada» pola situación que atravesa actualmente a Oficina de Inmigración posta en marcha polo Concello hai dous anos. Durante todo este tempo, a entidade veu funcionando grazas a un convenio de colaboración coa Xunta que expirou o pasado 31 de decembro e que o Goberno autonómico aínda non remitiu ao Concello de Ferrol para a súa renovación.

«A finais de decembro enviáronnos un borrador, pero aínda non mandaron o acordo definitivo nin tampouco nos dixeron cando o farán», apunta Sestayo. O peor, segundo a edila, é que este atraso provocou que a oficina se quedase sen a avogada que asesoraba aos inmigrantes, e tamén sen un auxiliar administrativo, xa que os seus soldos pagábanse co diñeiro que achegaba a Administración autonómica a través do citado convenio.

Consultadas sobre esta cuestión, fontes da Xunta informaron de que as súas axudas para o convenio proceden dun fondo estatal e que se se están atrasando é porque o Goberno central aínda non llas transferiu. As mesmas fontes indicaron que a Administración central ten previsto recortar estas achegas nun 50%, aínda que a Xunta intentará achegar fondos propios para que a redución non resulte tan drástica para a Oficina de Inmigración de Ferrol.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas