Aquí recollemos as regras básicas do Banco de España que logo cada entidade aplica segundo o seu menú de servizos.
Os inmigrantes que non sexan da Unión Europea e tampouco teña tarxeta de residencia poden abrir contas bancarias “de non residentes” achegando un documento de identificación válido no seu país de orixe ou o pasaporte (con foto do titular) e unha certificación negativa de residencia expedida polo Ministerio do Interior cunha antelación máxima de dous meses.
Ademais, os bancos deben requirir polo menos cada dous anos ao titular da conta que confirme a súa condición de non residente, achegando unha nova certificación negativa de residencia nun prazo de tres meses.
Se o titular da conta adquire a condición de residente deberá comunicalo ao banco e achegar o Cartón de Residencia para que esta modifique as condicións da conta, converténdoa en conta de residente.
Os titulares de calquera tipo de conta terán acceso aos servizos bancarios que ofreza a entidade, como cartóns de débito por medio dunha cota anual ou a posibilidade de enviar remesas por transferencia, no caso de que o receptor dispoña dunha conta en destino.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas