GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda e Merelles coñecen os obradoiros de cultura galega que están a realizar as e os participantes do programa Escolas Abertas no Centro Superior de Hostalería de Galicia

(14/07/2023)

O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia Turismo de Galicia coñeceron ao medio centenar de galegas e galegos do exterior que están a recibir dende o pasado xoves día 6 formación especializada en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega. 

Durante estes días, as e os participantes, membros de entidades galegas de Europa e América, recibiron tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos, cociñeiros, bailaríns e artesáns.

  • Imaxe desta mañá dos obradoiros das Escolas Abertas 2023
    Imaxe desta mañá dos obradoiros das Escolas Abertas 2023

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do director da Axencia Galega de Turismo, Xosé Manuel Merelles, visitaron hoxe os distintos obradoiros que se están a impartir no Centro Superior de Hostalería de Galicia dentro do programa Escolas Abertas, no que participan medio centenar de galegas e galegos do exterior, membros das entidades galegas de dez países de Europa e América.

Este programa, que leva desenvolvéndose varias décadas, está dirixido ás entidades galegas do exterior, e permite dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos e de cociña galega.

Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América. Durante unha semana, os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidos músicos, cociñeiros, bailaríns e artesáns de prestixio galegos.

Entre as e os participantes atópanse galegas e galegos chegados dos centros de Cuba, Arxentina, Uruguai, Chile, México, Costa Rica, Estados Unidos, Venezuela e Brasil, así como de diversos centros de toda España. 

Os alumnos e alumnas pecharán estas dúas semanas de formación o próximo sábado, día 15, cunha gala de presentación na praza do Marques de Amboage de Ferrol, ás 19.30 horas. As e os participantes ofrecerán á cidadanía de Ferrol e ás e aos membros das asociacións culturais da localidade diversas actuacións musicais e de danza, así coma tamén un desfile cos traxes tradicionais que confeccionaron estes días. A gala rematará co espectáculo de gaitas e luz Mitic.

Novas e Actualidade

Titulares
Histórico

 ACTIVIDADES

Febreiro 2024
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829   
       
 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas