GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Delegación da Xunta na Arxentina organiza unha charla informativa para as e os familiares dos rapaces e rapazas que van participar no programa de Emigración 'Conecta con Galicia'

(13/07/2023)

 
 
  • Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
    Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
  • Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
    Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
  • Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
    Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
 
 
Bos Aires (Arxentina), 12 de xullo de 2023.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, presidiu a charla informativa que se ofreceu no salón Alhambra do Club Español de Bos Aires, á trintena de galegas e galegos residentes no país do Cono Sur que participarán a partir do próximo día 15 de xullo no programa 'Conecta con Galicia' que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Esta iniciativa, tal e como explicou López Dobarro, ten como obxectivo posibilitar a convivencia en Galicia de 60 mozos e mozas galegas do exterior de entre 16 e 17 anos durante os meses de xullo e agosto. 

No acto estiveron presentes máis de 80 familiares das e dos participantes nesta iniciativa. Este programa permitirá que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos volvan ter contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares, supoñendo para moitas e moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial. ‘Conecta con Galicia’ desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío en dúas quendas de 30 participantes cada unha: entre o 15 e o 28 de xullo e entre o 29 e o 11 de agosto.  Nestas instalacións realizarán diferentes actividades lúdicas e deportivas, así como participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Febreiro 2024
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas