GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

EXPERIENCIAS LOCAIS

 

CONCELLO DE BURELA

Plan de Integración Municipal

Este I Plan de Integración Municipal asenta as accións positivas que articulan unha resposta planificada, estructurada e coordinada dende o goberno local ao obxecto de posibilitar a integración das persoas inmigrantes e a convivencia intercultural. A súa concepción ciméntase nos principios rectores de igualdade, integrabilidade, normalización, coordinación e transversalidade, responsabilidade pública, interculturalidade e participación social.

 

I Plan Integración Inmigrantes

CONCELLO DE VEDRA
Programa Educativo: A emigración en Vedra

A emigración en VedraTendo por certo que o coñecemento das transformacións sociais, económicas, políticas e culturais a nivel local,  microhistórico, postas en conexión coas de nivel macrohistórico é fundamental para a comprensión cabal e crítica do noso entorno presente, acometemos a tarefa de elaborar uns materiais sobre a emigración en Vedra. Unha proposta didáctica que pretende ser unha ferramenta educativa ao servizo dos mestres de primaria e do 1º ciclo de secundaria e dos seus alumnos adscritos aos centros educativos do noso concello.

 

CONCELLO DE VIGO

I Plan das Migraciós e Convivencia Intercultural de Vigo

España, pasou de ser, en moi poucas décadas, un estado tradicionalmente emigrante a ser un estado receptor de inmigración.

Cambio que comeza a porse tamén de manifesto en Galicia nos últimos anos de xeito cada vez máis crecente.

Galicia foi historicamente unha comunidade vinculada á emigración. A galega foi unha sociedade que se caracterizou polo intercambio e interacción permanente dos seus homes e mulleres con xente de distintos pobos e culturas, conformando así un país cunha importante tradición e identidade propia, pero á súa vez, aberto ás contribucións seculares de xente de moi diversa orixe.

A presenza de persoas de orixe estranxeira e de emigrantes retornados, nas nosas cidades e pobos, puxo de manifesto que o fenómeno da inmigración é agora unha realidade próxima, crecente e complexa, convertendo esa diversidade e multiculturalidade nun reto e nunha oportunidade.

 

http://hoxe.vigo.org/pdf/social/plan_migracions.pdf

 


 



 ACTIVIDADES

Xuño 2017
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas