GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

REMESAS

 

Calquera persoa pode enviar remesas desde territorio español por medio de xiros postais ou entidades remesadoras. Tamén pode facelo por medio de transferencias e outros produtos bancarios, para o que necesitará dispor dunha conta bancaria.

Unha das primeiras recomendacións é abrir unha conta bancaria. Con ela pode recibir os seus ingresos sen temor á súa perda por roubo, realizar remesas ou xiros intenacionales, domiciliar o pago do seu aluguer, etc.

Para enviar unha remesa ou xiro terá que encher un impreso que se recomenda cumprimentar de forma exhaustiva, engadindo todos os datos de identificación posibles tanto do emisor como do receptor. Tamén terá que pagar ao remesador o prezo do seu servizo, que habitualmente se divide por metade entre a comisión e a diferenza entre o tipo de cambio ao que realiza a operación e o de mercado.

Para calculalo, resulta máis fácil preguntar ¿Canto diñeiro chega se envío 200 euros? que solicitar a táboa de cambios e comisións realizando o cálculo un mesmo. Este prezo págase en España chegando o diñeiro a destino libre de cargos.

Resulta recomendable preguntar en varias entidades antes de realizar unha operación posto que en España hai máis de 40 empresas autorizadas para o envío de xiros e remesas, existindo entre elas moita competencia.

Os prezos modifícanse diariamente, seguindo as evolucións do mercado de cambios e as políticas de prezos de cada empresa. Isto significa que quen era barato onte pode non selo mañá.

O último paso para realizar unha remesa é entregar ao remesador o diñeiro a cambio dun recibo onde ten que estar especificado o nome da entidade, a cantidade entregada e as condicións da operación. Recoméndase gardar o recibo que será a base de calquera reclamación posterior.

A actividade das remesadoras está regulada e garantida polo Banco de España, quen ten a autoridade para dirimir calquera conflito entre remesadores e os seus clientes.

Ocasionalmente, os emigrantes utilizan sistemas informais como enviar diñeiro en cartas ou por medio de coñecidos. Estes sistemas poden parecer máis baratos, pero non garanten o reembolso se o diñeiro pérdese.


 



 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas