GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

FERRAMENTAS DE AXUDA AO INMIGRANTE

 

Estratexia 1:

INFORMAR SOBRE A LEXISLACIÓN BÁSICA REFERENTE AOS EXTRANXEIROS EN ESPAÑA E EN GALICIA.

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego ou autoemprego.

Barreiras a superar: descoñecemento da lexislación básica que afecta os/as usuarios/as como extranxeiros.

Finalidade: que os/as usuarios/as inmigrantes coñezan os seus dereitos e libertades, obrigas e outros aspectos recollidos na lexislación básica para extranxeiros

Obxectivos: resolver as dúbidas plantexadas polos usuarios/as inmigrantes relacionadas coa lexislación básica sobre extranxeiros.

Desenvolvemento da estratexia: a través do servizo prestar información detallada e actualizada sobre os aspectos mais importantes da lexislación en materia de extranxeiría, resolver as posibles dúbidas dos usuarios/as e servir de enlace con outras institucións e asociacións que traballan neste campo a nivel autonómico e local.

Asesoramentos realizados:

Liberdade de circulación: extranxeiros/as residentes.

Dereito de sufraxio: extranxeiros residentes atendendo a criterios de reciprocidade.

Liberdade de reunión, manifestación, etc: extranxeiros/as residentes.

Dereito a educación: extranxeiros/as residentes en relación a educación obrigatoria e non obrigatoria; extranxeiros/irregulares en relación ao dereito á educación obrigatoria.

Dereito ao traballo: extranxeiros/as residentes.

Dereito á asistencia sanitaria: extranxeiros/as residentes o irregulares empadroados ,irregulares non empadroados en casos de urxencia.

Dereito a axudas en materia de vivenda: extranxeiros/as residentes.

Dereito á Seguridade Social e aos servizos sociais: extranxeiros/as residentes, extranxeiros/as irregulares: dereito aos servizos e prestacións sociais básicas.

Dereito á asistencia xurídica gratuita: extranxeiros/as residentes, extranxeiros/as irregulares: nos procedementos administrativos o xudiciais que podan levar á denegación da súa entrada, a súa devolución o expulsión do territorio español e nos procedementos en materia de asilo.

 

Estratexia 2:

DAR A COÑECER OS/AS USUARIOS/AS INMIGRANTES A NORMATIVA LABORAL: OS CONTRATOS LABORAIS

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego ou autoemprego.

Barreiras a superar: descoñecemento dos aspectos lexislativos básicos a nivel laboral.

Finalidade: que os/as usuarios/as inmigrantes coñezan os tipos de contratos que existen en España así como os recursos informativos aos que poden acceder sobre estos aspectos.

Obxectivos: coñecer os aspectos básicos da lexislación laboral vixente.

Desenvolvemento da estratexia: a través do servizo resolver as dúbidas plantexadas polos usuarios/as inmigrantes.

Asesoramentos realizados:

Requisitos para poder ser contratados como traballadores.

Características que debe reunir o contrato de traballo.

Clases de contratos.

 

Estratexia 3:

INFORMAR SOBRE A NORMATIVA VIXENTE EN MATERIA DE CONVALIDACIONES OU HOMOLOGACIÓNS DE ESTUDOS.

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego ou autoemprego.

Barreiras a superar: falta de adaptación dos estudos e títulos da persoa inmigrante á lexislación española.

Finalidade: obter convalidación e homologación dos títulos académicos dos inmigrantes.

Obxectivos: informar dos trámites a seguir para a obtención da convalidación e homologación de títulos dos usuarios/as e ser unha guía en todo o proceso, axudando na preparación de documentos cando o necesitan.

Desenvolvemento da estratexia: a través do servizo informamos os/as usuarios/as da normativa vixente para a convalidación de títulos e estudios procedentes de outros países, así como dos organismos públicos encargados das xestións nesta materia.Este aspecto é fundamental para que os/as inmigrantes podan exercer en España aquelas profesions para as que estudaron nos seus paises de orixe ou ben que poidan continuar con estudos inacabados e tamén para que podan acceder a certa formación completentaria, mpor exemplo os cursos de F.P.O. (Formación Profesional Ocupacional).

Asesoramentos realizados:

Información sobre a homolación de títulos extranxeiros de educación superior a títulos españoles universitarios: cales son os organos competentes, os requisitos xerais en relación a presentación de documentos oficiais ou a legalización dos documentos expedidos no extranxeiro, sobre as traducións dos documentos e sobre cales son os títulos susceptibles de homologación;de como se inicia o procedemento de homologación, a solicitude da persoa interesada a traves de instancia nos rexistros competentes e os documentos preceptivos que deberán acompañar dita solicitude.

Información sobre a homologación e convalidación de estudos de sistemas educativos extranxeiros os seus equivalentes españoles de educación non universitaria: como se solicita e se tramita, cales son os requisitos e os datos requeridos para iniciar a tramitación; a documentación exixida; así como o lugar e forma de pago das taxas correspontentes.

 

Estratexia 4:

REALIZAR OBRADOIROS E TUTORÍAS INDIVIDUAIS PARA INFORMAR SOBRE OS CANAIS DE REGULARIZACIÓN DA SITUACIÓN DOS INMIGRANTES.

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego ou autoemprego.

Barreiras a superar: situación ilegal dos inmigrantes en España.

Finalidade: definir a situación dos inmigrantes que se atopan nunha situación irregular en España e examinar as posibilidades para a súa regularización.

Obxectivos: informar dos trámites a seguir para poder permanecer en España de forma legal e guiar os inmigrantes no proceso de regularización da súa situación.

Desenvolvemento da estratexia: a través do servizo informamos dos requisitos necesarios para a regularización da situación dos inmigrantes que se atopen na nosa comunidad no caso de que pretendan quedarse e non posúan permiso de residencia e/ou traballo ou tarxeta de familiar comunitaria.

Asesoramentos realizados: 

Informar do réxime xurídico que regula a entrada e permanencia en territorio español.

Informar dos tipos de visado: de tránsito, de residencia, estancia, residencia temporal e residencia permanente.

Informar sobre os distintos tipos de permisos de traballo: permisos por conta allea, de temporada, or rexímenes especiais, ....+

 

Estratexia 5:

INFORMAR DOS DIFERENTES CURSOS QUE EXISTEN NAS DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E EMPRESAS PRIVADAS, RELACIONADOS CO POSTO DE TRABALLO AO QUE SE PRETENDA ACCEDER. NOS CASOS DE AUTOEMPREGO, RELACIONADOS COA CREACIÓN E POSTA EN MARCHA DUNHA EMPRESA.

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego ou autoemprego.

Barreiras a superar: falta de formación profesional.

Finalidade: que os/as usuarios/as inmigrantes podan acceder aos cursos de formación profesional.

Obxectivos: informar dos cursos de formación no regulada que se imparten na zona e seleccionar os cursos que mais se axusten ás necesidades de cada usuario/a.

Desenvolvemento da estratexia: a través do servizo facilitar o acceso os cursos de formación profesional ou ocupacional e xudar no proceso de convalidación/homologación si é o caso. Aquí terase en conta tanto a formación subvencionada polas entidades locais e tamén aquela formación de carácter privado, impartida por academias ou escolas específicas. Nalgúns casos a mellor opción será a teleformación ou a formación a distancia, pois non conleva gastos de desprazamento.

Asesoramentos realizados: informar sobre os cursos mais axeitados para inmigrantes, algúns exemplos:

Cursos vinculados a compromisos de contratación.

Cursos dirixidos a persoas con discapacidades e outros colectivos con especial dificultade de integración laboral.

Cursos en especialidades demandadas prioritariamente polo mercado de traballo.

Cursos relacionados cós novos xacimentos de emprego e con profesions e actividades económicas emerxentes.

Seminarios específicos para autoemprego para que os emprendedores adquiran os coñecementos necesarios para poner en funcionamento a súa propia empresa.

 

Estratexia 6:

PROMOVER A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS PROFESIONAIS.

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego ou autoemprego.

Barreiras a superar: falta de experiencia o dificultades no trasvase de experiencia profesionaol de un pais a outro.

Finalidade: que os/as usuarios/as inmigrantes adquiran experiencia profesional mediante a realización de prácticas profesionais e que sexan contratados ao final das mesmas.

Obxectivos:

Sensibilizar ao empresariado e ás administracións públicas para que incorporen prácticas profesionais específicas dirixidas a persoas inmigrantes, con posibilidades reais de contratación.

Promover a realización de cursos de formación con prácticas en empresas e organismos públicos.

Establecer un servizo de intermediación laboral que permita as persoas inmigrantes trasvasar a súa experiencia profesional a empresas e organismos españoles.

Desenvolvemento da estratexia: a través do servizo impulsar as prácticas profesionais

Asesoramentos realizados:

Sensibilización do empresariado e dos organismos públicos.

Impulsar la realización de cursos con prácticas profesionais.

Captación de ofertas de traballo ou prácticas profesionais, así coma a analise e localización dos perfis msis idóneos.

 

Estratexia 7:

ORGANIZAR OBRADOIROS OU TUTORÍAS INDIVIDUAIS SOBRE OS MÉTODOS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO.

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego.

Barreiras a superar: descoñecemento dos canales de búsque da de emprego.

Finalidade: que os/as usuarios/as inmigrantes realicen un proceso activo de búsqueda de emprego utilizando os canales mais efectivos.

Obxectivos:

Informar sobre os canales de búsqueda de emprego en España.

Coñecer o mercado de traballo español e as peculiaridades que existen na comunidade galega.

Desenvolvemento da estratexia: os canales de búsqueda de emprego son as vías a través das cuales podemos detectar empregos, facilitamos un listado das vías existentes para atopar emprego, así como as páxinas webs de emprego, ETTs, ...

Asesoramentos realizados:

Informar sobre como facer as visitas a empresas ou centros de traballo para entregar os C.V.

Cómo apuntarse ás bolsas de traballo.

Informar sobre as axencias de colocación, ETT, consultoras de selección e empresas de recolocación que existen.

Informar sobre as oposicions convocadas no BOE e no DOG.

 

Estratexia 8:

IMPLEMENTAR OBRADOIROS OU TUTORÍAS INDIVIDUAIS SOBRE O MERCADO ACTUAL DE TRABALLO.

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego.

Barreiras a superar: descoñecemento das características mais importantes do mercado laboral do pais de acollida.

Finalidade: que os/as usuarios/as inmigrantes coñezan os cambios e tendencias do mercado laboral nos últimos tempos, tanto do lado da oferta como da demanda.

Obxectivos: informar das ocupacións en España e das súas competencias e realizar obradoiros sobre tendencias actuais do mercado de traballo.

Desenvolvemento da estratexia: a través do servizo resolver as dúbidas plantexadas polos usuarios/as inmigrantes, pois é moi habitual que descoñezan as ocupacións mais demandadas e certas dificultades coa denominación de certas profesións.

Asesoramentos realizados:

Informar sobre as tendencias do mercado de traballo e os factores que afectan as tendencias xerais do mercado: por exemplo; a especialización dos niveis técnicos.. Informar sobre os perfis mais demandados por parte do empresariado: por exemplo os relacionados coas novas tecnoloxías.

Os novos xacimentos de emprego: por exemplo, os relacionados con servizos de ocio, ambientais, asistenciais, ...

 

Estratexia 9:

OBRADOIROS SOBRE BÚSQUEDA DE EMPREGO.

Destinatarios/as: persoas inmigrantes demandantes de emprego.

Barreiras a superar: descoñecemento dos canais de búsqueda de emprego.

Finalidade: a inserción profesional das persoas inmigrantes a través do uso adecuado e autónomo das ferramentas de búsqueda de emprego.

Obxectivos: formar os/as usuarios/as inmigrantes na utilización das ferramentas de búsqueda de emprego e realizar obradoiros de ferramentas de búsqueda de emprego, aí como de entrevistas de selección.

Desenvolvemento da estratexia: a través do servizo resolver as dúbidas plantexadas polos usuarios/as inmigrantes en relación a elaboración do seu CV, a redacción da carta de presentación, preparar a entrevista de traballo, etc ...

Asesoramentos realizados:

Asesoramentos na redacción dos CV, pois os curriculum que traen dos seus países de orixe son moi diferentes os de aquí, sobre todo á hora de expoñer as experiencias en términos de competencias e habilidades.

Organizar unha axenda de búsqueda de emprego como ferramenta de traballo onde constan todas as actividades a realizar, por exemplo: empresas a visitar, fontes de información, envío de CV, autocandidaturas, seguimento de contactos persoais, ....


 



 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas