GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os problemas da inmigración. As chegadas de inmigrantes caen o 93% en dous anos

(14/01/2010)

Os problemas da inmigración
As chegadas de inmigrantes caen o 93% en dous anos
T. B. - Madrid - 14/01/2010

O número de inmigrantes contratados en orixe pasou en só dous anos de 183.610 (en 2007) a 13.100 (entre xaneiro e setembro de 2009), temporeros á marxe. Esta última cifra foi mencionada onte pola secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Consuelo Rumí, para ilustrar os cambios que a crise económica impuxo aos fluxos migratorios.

Rumí considera que estamos no final dun ciclo que durou unha década e que se caracterizou pola chegada a España de gran número de inmigrantes; agora comeza outro ciclo, con menos chegadas pero máis cualificadas.

A secretaria de Estado expuxo esas consideracións durante a presentación do Anuario da inmigración en España 2009. No acto interviñeron os tres codirectores do traballo: o catedrático de Economía Aplicada Josep Oliver Alonso, o catedrático de Sociología Joaquín Arango e o catedrático de Dereito Constitucional Eliseo Aja.

Estas son algunhas das conclusións do seu estudo:

- A crise atrasouse. Os seus efectos máis severos só se fixeron sentir sobre os inmigrantes no último trimestre de 2008. Ata ese momento, a creación de postos de traballo no sector servizos compensou, en termos netos, a perda de empregos na construción.

- Freada nas chegadas. A primeira resposta da inmigración foi a forte redución do número de persoas susceptibles de incorporarse ao mercado de traballo. O crecemento da poboación potencialmente activa, a comprendida entre os 16 e os 64 anos, freouse bruscamente.

- Menor impacto. A crise de emprego tivo menos impacto sobre os inmigrantes que sobre os autóctonos. Ao longo de 2008 e durante a primeira metade de 2009, os inmigrantes perderon 211.000 empregos, que equivalen ao 16% do volume total de emprego destruído. O número de postos de traballo perdidos polos inmigrantes ata mediados de 2009 equivale ao 6,2% dos que ocupaban no cuarto trimestre de 2009, mentres que a proporción correspondente para os nativos ascende ao 7,8%.

- Necesidades de futuro. Dadas as perspectivas demográficas da sociedade española e a crecente demanda de cualificaciones elevadas, todo apunta a que, unha vez asentada a recuperación, convivan altas taxas de paro de baixa cualificación, nativo e inmigrante, con demandas difíciles de cubrir de empregos de alta cualificación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas