GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Publicada a orde que regula a expedición da tarxeta sanitaria para emigrantes

(13/01/2010)

Publicada a orde que regula a expedición da tarxeta sanitaria para emigrantes

A normativa permitirá aos galegos que residen no exterior ter a súa documentación sanitaria durante a súa estancia temporal en Galicia.

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Orde da consellería de Sanidade pola que se regula o procedemento de expedición da tarxeta sanitaria para os galegos residentes no exterior, durante a súa estancia temporal en Galicia. A tarxeta sanitaria é o documento de carácter básico para o acceso á asistencia sanitaria prestada polo sistema público de saude da comunidade.

Esta normativa establece o procedemento de expedición e activación da tarxeta sanitaria que servirá de acreditación para o acceso aos servizos sanitarios da cidadanía galega, de orixe ou ascendencia, residentes no extranxeiro.

Para a solicitude da tarxeta, a persoa interesada deberá dirixirse, ben por escrito ou en persoa, á xerencia de Atención Primaria do Servizo Galego de Saude á que pertencia o municipio no que resida na súa estancia en Galicia. Asimesmo, o Sergas está traballando para que este trámite de presentación da solicitude se realice a través da súa páxina web. Unha vez presentada a documentación darase de alta ao interesado na base de datos e á activación da mesma cos datos de identificación persoal e o período de validez recoñecido, procedendo, ao mesmo tempo, á asignación do cupo médico do centro de saude que lle corresponda por razóns de proximidade a súa residencia de estancia temporal no municipio galego que notifique.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas