GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O censo electoral diminúe, pero o voto emigrante dispárase un 13% en cinco anos

(07/01/2010)

O censo electoral diminúe, pero o voto emigrante dispárase un 13% en cinco anos
Dos 2,6 millóns de galegos con dereito a sufraxio, o 13% reside no estranxeiro

R. PRIETO - A Coruña O censo electoral engorda mes tras mes. Pero non o fai a través dos novos votantes inscritos en Galicia, senón coas altas procedentes do estranxeiro. Nos últimos cinco anos, o número de emigrantes galegos con dereito a voto disparouse un 13%, pasando de 305.017 censados nas autonómicas de xuño de 2005 a 345.138, segundo os últimos datos do INE a 1 de outubro de 2009. En tan só dez meses "entre xaneiro e outubro pasado", rexistráronse 10.808 novos votantes galegos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA). Ou o que é o mesmo, un 3,2% máis en dez meses.
En total, xa son preto de 350.000 os emigrantes galegos e os seus descendentes con dereito a voto, o que supón un 13% dos 2.654.596 galegos inscritos no censo electoral. Desde as eleccións autonómicas de 2005, o CERA, que xa supera o número de habitantes da provincia de Ourense (336.000), aumentou a un ritmo de 770 emigrantes inscritos cada mes.
Desde o Goberno central, a directora xeral de Cidadanía Española no Exterior, a galega Pilar Pin, atribúe este aumento do censo exterior ás novas inscricións de emigrantes maiores de 65 anos para recibir as pensións asistenciais que o Executivo socialista ampliou durante a pasada lexislatura, pero fundamentalmente á recente reforma da nacionalidade, que en decembro de 2008 abriu a porta ao pasaporte español a miles de fillos e netos de emigrantes. 
Pilar Pin alude á aprobación en 2006 do Estatuto da Cidadanía Española no Exterior, que "segundo asegura" deu pé a un ambiente de "participación real" dos residentes españois no exterior que lles fan chegar as súas reivindicacións" a través dos Consellos de Residentes Españois (CRE) e do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.
"Agora percíbese un ánimo de participación xeral, o que levou a moitos emigrantes e descendentes que non estaban inscritos no censo electoral a rexistrarse para, por exemplo, elixir ou ser elixidos conselleiros dos CRE", conclúe a directora de Emigración.
Pero detrás deste aumento do CERA tamén está a crise, que provocou unha nova emigración ao exterior. Segundo os últimos datos do INE, un total de 7.435 residentes en Galicia emigraron en 2008 ao estranxeiro, un 36% máis que o ano anterior.
No caso dos electores residentes na propia comunidade galega, o censo perdeu nos últimos cinco anos 2.318 votantes. A emigración a outras comunidades autónomas, agravada pola actual crise económica, e a caída da natalidade explican este descenso no número de electores fincados en Galicia. En outubro do ano pasado, un total de 2.309.458 galegos estaban inscritos no Censo Electoral de Residentes (CER) fronte aos 2.311,776 censados catro anos antes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas