GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo. A poboación estranxeira na cidade multiplicouse por 25 durante a última década

(04/01/2010)

A poboación estranxeira na cidade multiplicouse por 25 durante a última década
Os datos estatísticos do Concello sitúan en 17.337 os inmigrantes censados o pasado ano, mentres que en 1999 había 650

A.MARIÑO - vigo - 03-01-2010
A cidade experimentou nos últimos dez anos unha enorme transformación económica que se reflicte tamén no aumento da poboación estranxeira, que en 2009 era de 17.337 persoas censadas no Concello. Deles, máis da metade proceden do continente americano e máis de 5.600 de países europeos, fundamentalmente do leste. Aínda que moito menos numerosa, tamén se multiplicou a presenza de nativos do continente africano "xa superan os 1.300" e os procedentes de Asia. Destes últimos, había 18 individuos censados en 1999 e dez anos despois superan o medio milleiro.

Vigo é unha cidade cun gran potencial e rechamante para os inmigrantes, como o demostra o feito de que a poboación estranxeira multiplicouse por case 27 na última década, alcanzando en 2" a cifra de 17.337 cidadáns censados. Portugueses (2.573), brasileiros (2.353), colombianos (1.231), uruguaios (1.223), arxentinos (1.089) e romaneses (872) son os colectivos máis numerosos en Vigo, aínda que o analista Lois Pérez Leira asegura que, en realidade, o maior grupo confórmano os arxentinos. "A pesar do que figura nas estatísticas, non son os romaneses e os brasileiros os maiores colectivos de inmigrantes na cidade, senón os arxentinos, pero as cifras non os contemplan a todos porque moitos regresaron como fillos de emigrantes galegos e outros están no censo como italianos, por exemplo", explica este experto. Así, da cifra practicamente anecdótica de 650 inmigrantes censados no ano 1999, en 2009 alcanzáronse os 17.337, dos cales 5,275 son cidadáns comunitarios e os restantes 12.062 proceden de países que non pertencen á Unión Europea. No que respecta aos continentes, aínda que América (9.846) e Europa (5.604) son os que contan cunha maior representación, na última década produciuse un importante aumento de inmigrantes procedentes de África e Asia. Neste último caso, dos 540 asiáticos censados na cidade, o 71,8 por cento son chineses (388), seguidos, moi de lonxe, polos paquistanís (35) e filipinos (23). A presenza africana tamén se incrementou considerablemente, pasando dos 79 censados en 1999 aos 1.347 da actualidade. Deste continente, Senegal (478), Marrocos (336), Nixeria (170) e Ghana (125) son os principais países dos que proceden os inmigrantes. "Elixen Vigo porque é unha cidade grande pero non tanto como Madrid, onde é máis complicado o acceso aos papeis", explica Hortense Nbbapai, presidenta da asociación AIDA-África, que aclara que, polo xeral, "a cidade elíxese por afinidade, porque coñeces a alguén que xa vive alí e está contento e pódeche acoller na súa casa ou axudarche a buscarche un emprego", asegura.



Os estranxeiros chegaron a Vigo procedentes de Arxentina, Madrid e Portugal

A inmensa maioría dos estranxeiros que viven en Vigo chegaron procedentes de Arxentina, Madrid e Portugal. No primeiro caso foi pola crise económica que sufriu Arxentina ao comezo do milenio, e con respecto a Portugal ocorreu practicamente o mesmo, aínda que anos máis tarde, coa situación laboral do país veciño. No que respecta a Madrid, mentres tanto, os inmigrantes chegan da capital fuxindo da masificación e buscando unha cidade onde poder vivir máis tranquilos. A emigración en Vigo e Galicia é atípica en relación ao resto do Estado, onde a maioría dos estranxeiros proceden do continente africano pola posibilidade de acceso que supón o estreito de Xibraltar, explica Lois Pérez Leira, analista en temas migratorios. Por contra, relata, en Galicia a emigración está vinculada coa súa propia historia como país do que partiron centos de miles de emigrantes cara a Europa e, sobre todo, Sudamérica. Segundo sinala Pérez Leira, o maior aumento de emigrantes en Vigo produciuse nos anos 2000 e 2001, coincidindo coa crise económica que sufriu Arxentina e que se traduciu na chegada duns 200.000 cidadáns deste país a Vigo e ao resto da comunidade galega. Despois do gran "boom" experimentado polos emigrantes arxentinos, o seguinte gran aumento no número de estranxeiros en Vigo veu dado, segundo explica Pérez Leira, pola chegada de inmigrantes procedentes de Madrid e de Portugal. Entre estes, indica, figuran os outros grandes colectivos presentes na cidade como os romaneses, bolivianos, peruanos ou senegaleses. "Nos últimos dez anos chegan colectivos moi numerosos para escapar de cidades moi masificadas como Madrid e buscando lugares máis tranquilos", di. De Portugal, mentres tanto, proceden os propios cidadáns portugueses e os brasileiros, que se trasladaron a Vigo "especialmente do sector da construción, tras ver que os salarios eran o dobre que en Portugal".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas