GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A cociña da integración

(17/12/2009)

 A cociña da integración

Un grupo de mulleres inmigrantes asisten a un taller de cociña en Culleredo

Autor:
Juan Torreiro
Data de publicación:
17/12/2009

La cocina de  la integración

Algunhas das participantes no taller, xunto coa profesora

O momento de cruzar o limiar da porta do Centro Ocupacional A Escada que o Concello de Culleredo ten na zona da Cros, no Burgo, chegou acompañado dun agradable cheiro a comida que conducía directamente á cociña. Alí estaban algunhas das mulleres inmigrantes que realizan un taller de cociña dentro do programa Aulas Abertas, unha activida d dos Servizos Sociais municipais, que organiza a Asociación Mestura e que onte decidiron ofrecer unha pequena degustación dos pratos elaborados grazas aos coñecementos que están a adquirir da gastronomía local.

Sen dúbida, os fogóns dan bo rolo; animan á charla e ás bromas, e iso é o que se desprende deste grupo interracial de mulleres que decidiron apuntarse a este taller de cociña co fin de familiarizarse cos nosos sabores, o noso produtos e coa forma de elaboralos. Mila é de Moldavia e leva un ano vivindo en Culleredo, ten dous fillos «que estudan en galego» e ela traballa nun restaurante. O curso sérvelle para desenvolverse na cociña con máis facilidade e os pratos «non son tan distintos aos do meu país, aínda que alí non son tan especiados», asegura. Mentres, a nixeriana Nogale explica que en «Nixeria comemos de todos salvo porco», dio mentres enche uns ovos duros. Entre tanto, a dominicana Margarita e Aurora decoran os demais pratos. Ao final, o menú consistiu en ovos de paspallás, gambas rebozadas, pastel de peixe, mexillóns e torta de queixo. Todo moi bo, por certo.

Para Aurora López, profesora de cociña responsable do taller, está experiencia está a resultar moi agradable, ademais «é moi gratificante traballar nestas condicións, con persoas que gozan co que fan», asegura. En definitiva, o taller está a resultar moi positivo porque ademais as mulleres poden asistir a clase cos seus fillos, quen están ao atento coidado de Samer, integrador social do centro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas